Os alumnos e alumnas da USC en Lugo decidimos auto-organizarnos e
levar a cabo, de forma conxunta, un encerro na
Biblioteca Intercentros. O peche dará comezo o 22 de Maio, sen data de remate
establecida e aproveitando a xornada de folga,ás 22:30h. A nosa intención é a
de mostrar o noso absoluto reixeitamento á actual situación da Educación
Pública, e, concretamente, á situación do sistema universitario, para o cal,
expoñemos as nosas reivindicacións a prol dun ensino público e de
calidade:
1. O aumento
das partidas orzamentarias adicadas a educación en tódolos niveis.Nin a crise
nin calquera outro pretexto poden servir cando se trata do futuro da mocidade
do Estado.
2. Unha ratio adecuada de alumnos por profesor en
tódolos niveis do ensino, coa consecuente mellora da calidade das condicións
dos docentes e do servizo ao alumnado.
3.
Uns plans de estudo constantes,á marxe do último
resultado electoral,elaborados por profesionais docentes e non por políticos
influenciados por intereses distintos á educación.
4.
A gratuidate de facto do ensino primario e
secundario,en canto a taxas e material escolar básico, e a concesión de becas
suficientes e non de xénero crediticio para garantir o dereito á educación
universitaria.
5.
A fin da interferencia dos grandes grupos financieiros
nas universidades e a xestión completamente pública dos servizos ofertados
polas mesmas.
6.
A marcha atrás ou reforma fundamental dos puntos
centrais da Estratexia Universidade 2015 e a súa mercantilización da
formación,aumento de taxas, interferencias do sector privado no ensino público
e a primacia de valores de mercado ante os puramente académicos. Cómpre, pola
contra,una universidade autónoma,formadora e non elitista.
7.
A rectificación dos pasos atrás que supón o Plan
Bolonia en canto a normativas de permanencia, compatibilidade do estudo e
traballo…
8.
A garantía dun ensino que respecte e poña en valor
as características culturais e lingüísticas das diferentes rexións do Estado e
a fin dos ataques á educación nas linguas propias dos diferentes territorios.
9.
A laicidade completa do ensino
10. Un acceso
digno ao mercado laboral ante o altísimo porcentaxe de paro xuvenil con todo
tipo de graos de formación. Queremos solución laborais alternativas,alén da
precariedade, a temporalidade ou a emigración que semellan ser as únicas
ofrecidas porla clase política até o de agora.
Sexas ou
non estudiante universitario, esta tamén é a túa loita! Achégate e difunde!!
Twitter: @pecheinter