O grupo independente de
teatro univesitario da residencia Xesús Bal y Gay de Lugo, TIK TEATRO,
vai estrear o seu espectáculo "BERRO" o día domingo 14 de abril, na rúa
Bispo Aguirre de Lugo as19h.
Unha montaxe que trata
da necesidade que teñen as persoas de facer escoitar a súa voz por todas partes, pola indignidade
que produce a realidade actual.
O ARTE NA RÚA COMO REIVINDICACIÓN.
A xente do común temos que facernos oir de tódalas formas posibles: con manifestacións, accións, actos informativos, charlas, por medio do arte... terán que escoitar! Xuntos pódese!