A loita polo Ies As Mercedes, e por extensión polo ensino público que nos pertence a todos, continúa aínda que remate o curso, para demostralo esta semana levarase a cabo unha festa reivindicativa organizada pola Plataforma en Defensa do Ies As Mercedes á que estamos chamados todos e todas á colaboración e participar nela para, xuntos, facermos unha FESTA DE FIN DE CURSO de reivindicación, solidariedade e esperanza:
-de reivindicación, para recordarlle á
Consellería de Educación que, se a Administración nunca pode ser arbitraria,
moito menos o pode ser cando se trata de suprimir un centro público de ensino:
que necesitamos, pois, coñecer os informes que fundamentan a decisión de
suprimir o IES As MERCEDES;
-de solidariedade, na que cadaquén, coa súa
presenza, coa súa palabra e/ou coas súas habilidades artísticas, teña a
oportunidade de apoiar esta reivindicación en defensa do IES AS MERCEDES, que é
tamén unha reivindicación en defensa do noso dereito a un ensino público de
calidade;
-e de esperanza, para, dende a solidariedade, trasladar ao ánimo de todas e todos que O IES AS MERCEDES NON DI ADEUS, que
dende esta PLATAFORMA CIDADÁ EN DEFENSA
DO IES AS MERCEDES, seguiremos esixindo un INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO
na Zona Sur de Lugo.
Ó próximo xoves día 20 ás 19:30, TODOS e TODAS temos unha cita na Praza de Augas Férreas en apoio do Ies As Mercedes e por extensión da educación pública. En contra dun sistema desintegrador que abre á porta ó peche de centros de ensino público en favor dos privados.
Expresemos o noso parecer nunha xornada reivindicativa, chea de actos culturais e ca participación de tódolos que o desexen.
O IES AS MERCEDES NECESÍTANOS A TODOS E TODAS; A EDUCACIÓN PÚBLICA, GRATUITA E DE CALIDADE TAMÉN: DEMOSTREMOS QUE SOMOS MOITOS OS QUE LOITAMOS POR UN SISTEMA XUSTO PARA TODOS.
Neste link podedes seguir todas as accións e reivindicacións en defensa do Ies As Mercedes:
As Mercedes en Loita