8 días despois de
enviarlles a convocatoria a tódalas xuventudes das organizacións políticas de
Lugo (o día 10 de Xullo) e coa confirmación
de asistencia ao acto de Xuventudes Socialistas, Xuventudes Comunistas e Galiza
Nova, Novas Xeracións do PP envíanos
un mail expresando a súa “intención de
participar”, o seu desexo de “manter
una reunión con todas as persoas que van a debatir, para
falar de como se vai a desenvolver o debate e as condicións” e ademais que “a data que citades non é compatible coa axenda
do presidente, por tanto, habería que acordar outra cita”.
Dende O Movemento 15M-Lugo, contestámoslle que a dinámica do debate xa lla comunicaramos
no anterior mail (como ao resto de organizacións), que era a acordada na asemblea
do 15M, que non se ía mudar, non era posible una reunión previa de tódolos
interviñentes, así como que o resto de organizacións xa nos tiñan confirmado a
súa asistencia e polo tanto non podíamos mudar a data. Acabábamos o mail
animándoos a acudir ao debate aínda que fora con outra persoa que non fora o
presidente de Novas Xeracións do PP.
Hoxe seguimos esperando a súa resposta… Será que quererán comparecer en
versión plasma? Terán medo de algo?
Podedes preguntarlles
via mensaxe ou mail: