O pasado Xoves 31 de Outubro tivo lugar o primeiro dunha serie de actos baixo o título Xoves Violeta, organizados pola Área da Muller de Esquerda Unida. Trátase dunha serie de charlas, debates e mesas redondas nos que abranguen temas de actualidade para as mulleres dende una perspectiva feminista e con elas como protagonistas. Levaranse a cabo tódolos derradeiros xoves de cada mes dende outubro a maio.
Nesta ocasión o tema era A muller na esfera pública. Na mesa estaban: Yolanda Díaz, Eva Solla, Dulce López e Vanessa Somoza, cada unha delas deu a visión dende a súa óptica das situacións coas que se enfrontan as mulleres en diferentes colectivos da esfera pública: a muller na política, no sindicalismo e nos movementos sociais, así como das fórmulas para intentar mudar os problemas, cara a conseguir unha sociedade máis igualitaria.
Dende o 15M-Lugo, queremos agradecer a Esquerda Unida a súa invitación ao acto e a intervir no mesmo.
Este é un pequeño resumo das aportacións de Vanessa ao debate:
Moi breve exposición dalgúns problemas da muller na sociedade
actual:
-A necesidade de sostemento da familia en canto a cuidados, por
parte das mulleres, fixo dende sempre que o emprego femenino fose considerado
como prescindible: un 96,40% das persoas
inactivas por motivos familiares son mulleres.
-O incumprimento da Lei de
Dependencia e a reducción de ingresos no fogar, fan que moitas mulleres
asuman o coidado da familia en detrimento da súa vida laboral por mor da falla
de garderías, centros de día… ou a imposibilidade de facer frente aos gastos
para utilizar estes centros. Noutros casos vense obrigadas a aceptar traballos
precarios para colaborar co sostemento da familia.
-Os sectores nos que se recorta o “gasto” público aféctanos como
usuarias e tamén como traballadoras: os sectores de emprego maioritariamente
femininos son sanidade, educación e
servizos sociais:
72% traballadoras en docencia non
universitaria son mulleres
75% traballadoras en institucións
sanitarias son mulleres
-Os recortes en materia de igualdade
laboral tamén recaen sobre todo nas mulleres: tras eliminarse o Ministerio
de Igualdade os recortes nesta materia son do 42%
-A esto hai que engadir o retroceso nas políticas contra a violencia de xénero con recortes en atención integral
do 24,5%, traendo consigo a
eliminación de servizos de atención e axuda a vitimas de violencia de xénero,
casas de acollida, centros de emerxencia, centros de información municipais…
-A eliminación de Educación
para a Cidadanía tamén traerá consigo os seus efectos negativos ao ser a única
materia onde se trataba a violencia de xénero nas escolas.
Nos movementos sociais
existe moita conciencia dos problemas da
muller: segue sendo máis pobre, con menor acceso á educación, á saúde, á
xustiza, a decididir o nº de fillos e cando telas… en definitiva n asía
autonomía persoal, social e política.
A pesares desto a presenza
de mulleres nos movementos sociais é escasa e sesgada, en xeral; o habitual é
ver a mulleres moi novas ou maiores nas asembleas, pero con pouca presenza de
idades intermedias e esto a pesares de que en movementos como o 15M dende o principio
se mostraron sensibles cós problemas da muller, creando grupos de traballos e
comisións para tratar estes temas directamente e mesmo incorporando a linguaxe
feminina (ou de inclusión) de forma habitual.
Sen embargo, nunha sociedade
onde impera o modelo patriarcal é moi difícil para as mulleres que
traballando dentro ou fora da casa asumen tamén as labores de coidados
familiares o poder dispoñer de tempo adicional para participar en asembleas ou
traballos organizativos dentros dos movementos sociais e, isto, a pesares de
que en asembleas grandes do 15M, por exemplo, dispoñen de turnos de coidado de
pícaros para facilitar a participación das mulleres.
A ausencia na rúa e a
imposibilidade de implicación levan a una desmotivación, un problema moi
grave, pois debemos ter en conta que se queremos que a sociedade mude, nós
temos un papel moi importante nese proceso e é necesario que formemos parte
dese cambio.
Ademáis en grupos de composición maioritariamente masculinos
teñense trasladado os mesmos problemas paternalistas e incluso machistas que
existen na sociedade, pois estes grupos non deixan de ser un reflexo da mesma.
Este non é o caso do 15M-Lugo, pero si coñecemos de primeira man outros grupos
onde ten sucedido isto.
Os cambios superficiais non son suficientes: é preciso atopar
formas de inclusión que permitan a participación
maioritaria de toda a cidadanía, sexan cales sexan as súas circunstancias
ou, por suposto o seu xénero.
É necesario contar có papel
activo das mulleres en tódolos ámbitos da política e nos movementos sociais.
Debemos ter en conta que o modelo patriarcal está sustentado tamén
por mulleres: todas esas mulleres con cargos públicos dentro do propio sistema
que non fan nada por cambialo están apoiando e traballando en prol do
patriarcado económico, social e político. Tamén as mestras ou as nais que non
intentan dende o seu ámbito mudar a situación ou as esposas ou as noivas… Todas
debemos poner o noso granito de area.
As mulleres debemos ter un papel
activo para conseguir que a sociedade cambie a mellor.
O papel feminino supón un punto de vista dende una realidade dunha
falsa minoría (somos a metade da poboación, pero temos o status de minoría)
aportando a experiencia dunha parte da sociedade marxinada, esas experiencias
grabadas no subconsciente son fundamentais á hora de enfrentar un cambio
profundo, realista, utópico e sobre todo renovador.