A PARTIRES DO CONVITE RECIBIDO DENDE O BNG LUGO, TRALAS
ASEMBLEAS CONXUNTAS REALIZADAS, FACEMOS PÚBLICO ESTE COMUNICADO PARA EXPLICAR
AS RAZÓNS POLAS QUE FINALMENTE REXEITAMOS PARTICIPAR DA CONCENTRACIÓN PERVISTA
PARA O MARTES 17.
As persoas que conformamos regularmente as asembleas do 15-M de
Lugo facemos saber mediante a presente que non imos acudir a dita
concentración, por non compartir os obxectivos nin as formas que a moven, malia
todo facemos fincapé no respecto cara ela e desexamos que vaia tal e como os
organizadores a teñen previsto.
De calquera xeito queremos explicar esta decisión conxunta e
expresar o noso malestar por non ter podido, entre tódalas persoas
representantes de colectivos presentes, chegar a un acordo sobre os termos
xerais. E por riba de todo, deixar patente o noso malestar, entendendo que non
foi posible unha reunión respectuosa cara tódalas partes, na que as críticas
constructivas foran a base sobre a que construir unha mensaxe común (que,
estamos seguras, existe)
Agradecemos de calquera xeito o intento de tódolos colectivos
asistentes e non imos deixar de lado o noso esforzo a prol dun traballo
conxunto no que toda a cidadanía de ben (sen súbditos, sen expresións faltas de
respecto cara ninguén) se poida sentir representada.
Cremos que, sen ese respecto polas persoas que nos rodean,
especialmente por aquelas preocupadas polo benestar común, polo
"social" na nosa vila, sexa cal sexa a súa lingua nai, a súa orixe ou
pertenza a un ou outro colectivo cidadá igualmente respectuoso, o obxectivo de
acadar construccións democráticas e ceives non é posible.
Algo tan sinxelo e lóxico como o "dereito a decidir"
ou a posibilidade de portar cada quen a súa consigna, de xeito libre e
democrático, é un dereito fundamental polo que todas deberiamos estar a favor
de unir esforzos e loitar dende tódalas perspectivas posibles. Consideramos
impropio de persoas abertas, democráticas e respectuosas, a interrupción de
compañeiras e compañeiros a facer uso da súa quenda de palabra. Consideramos
unha falta de respecto os berros que pretenden ser insultos e non son máis que
a constatación da mala educación de persoas que nesta reunión representaron a
colectivos e/ou partidos políticos.
Con este malestar presente, queremos de tódolos xeitos ser
conscientes de que se garante o dereito á manifestación das ideas de cada quen
e desexamos que, o uso das nosas liberdades sexa efectivo nesta concentración
que terá lugar o martes e á que, malia non asistir, desexamos un bo percorrido.
Saúdos e gracias pola vosa atención.