Convocatoria
STOP DESAFIUZAMENTOS LUGO:
Mercores
1 de Outubre ás 9:30 fronte aos xulgados de lugo
Seguiremos apoiándonos nas súas leis e aproveitando as brechas para denunciar unha lei tan inxusta como xusta é desobedecela.
Seguiremos apoiándonos nas súas leis e aproveitando as brechas para denunciar unha lei tan inxusta como xusta é desobedecela.
O vindeiro mercores 1 de outubro volveremos
mostrar toda a intelixencia e a forza da PAH, queremos entregar de forma masiva un documento nos xulgados de
Lugo. Esta accion xa foi levada a cabo o 23S en numerosos pobos e cidades de
todo o estado.
Obxectivo da acción: Presentación ao Decano de LUGO do escrito para pedir que se declare ilegal a lei hipotecaria española e se paralicen todos os desafiuzamentos das hipotecas que foron constituídas baixo esta lei.
Como participar? Fácil, hai dous escritos para
entregar nos xulgados, un individual e outro colectivo. O colectivo é por se se
dese o caso de non poder presentalo individualmente.
Adxunto o documento a encher para entregar, unha persoa pode entregar o escrito de familiares ou amizades que non poidan vir. Enlace al escrito: http://bit.ly/1oV5upA
Adxunto o documento a encher para entregar, unha persoa pode entregar o escrito de familiares ou amizades que non poidan vir. Enlace al escrito: http://bit.ly/1oV5upA
O luns
29 as 19 h estaremos na Cova da Terra para imprimir os escritos. se alguén non pode
ir o mércores aos xulgados, pero quere que o entreguemos no seu nome pode pasar
por alí, estaremos ata as 20:30.
O Movemento
15M de Lugo, apoia a acción da plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo, e
anima a toda a cidadnía a se mobilizar ante unha lei inxusta. Non podemos
seguir permitindo o expolio dos máis pobres en favor dos máis ricos.
Nin casas sen xente, nin xente sen casas!