Este vindeiro venres dia 5 ás 20:00h diante do Concello está
convocada unha manifestación e cacerolada en apoio aos traballadores e
traballadoras do Hotel Jorge I de Lugo, o Movemento 15M-Lugo apoia ao
plantel do hotel e anima a todo o mundo a unirse á exigencia de condicións
dignas de traballo, contra os abusos cara os traballadores e contra a
burocracia que fai que nos vexamos abandonados ante estes abusos. Solucións xa!
Todos e todas somos traballadores!