Xavi, un rapaz de 32 anos, en folga de fame na Praza Maior de Lugo desde a noite do venres 30. Foi botado á rúa da casa na que tiña alugada unha habitación, por falta de ingresos para poder seguir pagandoa.
Sen ingresos e sen vivenda, reclama un traballo ou prestacións sociais para poder cubrir as súas necesidades básicas.
Hoxe pola noite os compañeiros de Dereitos Sociais e Renda Básica estiveron falando con el e acompañandoo.
Quedaron ás 9 diante do concello, para tratar de interpelar ao alcalde e/ou a concelleira que dirixe os servizos sociais e demandarlles que cumpran urxentemente coa obriga de garantirlle ós recursos precisos para as necesidades básicas.
Dende o 15M-Lugo queremos expresar o noso apoio a Xavi e esiximos unha solución ao seu problema que ademais é o de moita xente por desgraza.
dereitos sociais e renda basica lugo