Tí eres 15M!

¿COMO PODO EU COLABORAR?

-Difundindo, explicando e discutindo as propostas, o manifesto e mesmo o que está pasando e que os Gobernantes e os Medios de Des-información nos esconden.
-Participando nas concentracións, manifestacións, accións… do movemento que se realicen na túa cidade. Infórmate na nosa Axenda.
-Acudindo ás asembleas para dar a túa opinión, facer propostas, aprobar accións… En Lugo son Asembleas operativas: os Mércores ás 20:00 h na praza Maior cada 15 días dende o 24 de abril 2013.
-Participando por Internet para compartir información, comentar, difundir ideas e accións…
- Uníndote a algún dos grupos de traballo para traballar activamente ou na rede, están abertos a quen queira unirse.
-Enviándonos artigos de opinión ou información para a revista autoxestionada "Voces Indignadas" que levamos a cabo cada mes ou poñéndoa a didsposición da xente no teu centro de traballo, no coemrcio onde mercas... Ponte en contacto e facilitarémoste a revista.
-Apuntándote para realizar accións puntuais de protesta e/ou difusión: pegada de carteis, reparto de folletos, protestas…
-Aportando algunha das necesidades materiais según as túas posibilidades: fotocopias, material de papelería, caixas…
-Podes aportar calquer outra colaboración que se te ocorra ou para informarte con detalle de cómo aporta-la túa axuda dacordo coas suxerencias propostas, toda axuda será benvida. 

-Creando, lendo, colaborando e difundindo coa revista Voces Indignadas de publicación mensual, autofinanciada e gratuita.