martes, 30 de agosto de 2011

MANIFESTACIÓN 18 SETEMBRO


COMUNICADO 15M LUGO

Ante os continuos ataques que están a sufrir os servizos públicos, principalmente sanidade e educación, o Movemento 15M Lugo chama á mobilización o día 18 de setembro, sumándose ás convocatorias das diferentes cidades españolas. Esiximos a protección dunha educación pública e de calidade fronte aos recortes orzamentarios que prexudican ao alumnado e empeoran as condicións laborais do profesorado. Defendemos a sanidade pública, universal e de balde, que non quede sometida ás imposicións das industrias farmacéuticas e intereses privados. Convocamos a tódolos colectivos de profesionais da educación e sanidade, de alumnos e pais de alumnos e a toda a cidadanía a secundar de forma masiva a manifestación do día 18 de setembro, en Lugo ou noutras localidades, para non renunciar a uns servizos públicos aos que temos dereito.


Domingo 18 de setembro de 2011
Na Praza Maior de Lugo
As 20:00h


Praza Maior de lugo as 20:00 - Raiña ata chegar a Praza de Sto. Domingo - rua do Teatro - Ronda da Muralla ata calle Montevideo- Bolaño Rivadeneira - San Marcos - Santo Domingo ata a Subdelegación do Gobierno Civil -Doctor Castro para finalizar na Praza Maior, diante do Concello