lunes, 19 de septiembre de 2011

Manifestación 18S


Queremos agradecer como convocantes desta manifestación a vosa presenza. Todos sabemos polo que loitamos, e o camiño para logralo é unidos por riba das nosas diferencias. O obxectivo é común: defender os servizos públicos da avaricia especulativa dos mercados. Por iso, mostramos a nosa repulsa as políticas de devaluación e desprestixio da sanidade e educación públicas, encamiñadas claramente a unha privatización que servirá para enriquecer aos de sempre ao tempo que a cidadanía seguirá a perder.
- Esiximos derogar a lei 15/97 de sanidade e as normas autonómicas que a desenvolven, así coma a volta á xestión pública dos centros privatizados ou de xestión indirecta.
- Pedimos a supresión dos concertos educativos e sanitarios para crear unhas plantillas de persoal público que cobra as demandas reais dos cidadáns, sen perxudicar aos profesionales neses ámbitos.
- Queremos a fin das vendas de patrimonio inmobiliario da Seguridade Social e da cesión de chan público a empresas privadas.
- Rexeitamos o mal chamado copago na sanidade, educación e xustiza.
- Non á desgrabación fiscal nos seguros privados sanitarios e no ensino privado ou concertado
- Rexeitamos as contratas e subcontratas no ensino público, así coma as intromisións no mesmo dos bancos.
- Non ao despido de persoal docente e non docente do ensino público, nin aos aumentos das  horas lectivas do profesorado, nin a planes de estudio segregadores.
-  Incremento do gasto sanitario público e subida no gasto no ensino ata o 6% do PIB.
- Queremos un pacto que exclúa o lucro en todos os servizos públicos.

Tampouco nos esquecemos da reforma da Constitución, executada de xeito antidemocrático, e que non só limita o gasto público senón que dará prioridade absoluta ao pago da débeda sobre calquera gasto social, sexa da urxencia que sexa. Rexeitamos a submisión da democracia aos mercados e pedimos por tanto un referendo vinculante xusto no que poidamos decidir sobre esta medida.