martes, 27 de diciembre de 2011

INOCENTE

"Mércores 28 de Decembro as 19:00 na Praza Maior de Lugo"

Artigo 1:A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado.
Artigo 14: Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión,opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
Artigo 20: Dereito a: -Expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución.-Comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión.
Artigo 21: Recoñécese o dereito de reunión pacífica e sen armas. O exercicio deste dereito non necesitará autorización previa.
Artigo 27: Todos teñen o dereito á educación. O ensino básico é obrigatorio e gratuíta. Recoñécese a autonomía das Universidades.
Artigo 31: Todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica.
Artigo 35: Todos os españois teñen dereito ao traballo, á libre elección de profesión ou oficio.
Artigo 40: Os poderes públicos realizarán unha política orientada ao pleno emprego.
Artigo 43: Recoñécese o dereito á protección da saúde. Compete aos poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública.
Artigo 44: : 1. Os poderes públicos promoverán e tutelarán o acceso á cultura, á que todos teñen dereito. 2. Os poderes públicos promoverán a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral.
Artigo 47: Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada.
Artigo 50: Os poderes públicos garantirán a suficiencia económica aos cidadáns durante a terceira idade.
Artigo 117: A xustiza emana do pobo.
Artigo 128: Toda a riqueza do país nas súas distintas formas e sexa cal for a súa titularidade está subordinada ao interese xeral.