lunes, 27 de febrero de 2012

INIGNarte Marzo Negro


Manifesto a prol da arte libre.
O Marzo Negro lugués e unha nova edición do INDIGNARTE.

Xa vai tempo que un novo vídeo do grupo de hackers e ciberactivistas "Anonymous" percorre a rede: o "Marzo Negro". Dende o 15M de Lugo querémonos facer eco desta iniciativa e deixar a nosa propia pegada.

Para quen non a coñeza, estas liñas poden resumir a acción proposta: "No descargues ni un disco, no veas una película en el cine o descargues una copia, no compres ni un DVD... espera cuatro semanas para hacerlo en Abril (...) y dejaremos un buen agujero en los beneficios de esas compañías en el primer informe del año, un golpe económico que será visto por los gobierno como una señal de importantes pérdidas de ingresos"

Vivimos inmersos nun sistema que prima aos intermediarios, de modo que o lucro económico que xorde dunha creación, sexa do tipo que sexa (dende a creación de artistas ata a agrícola), beneficia sempre nun porcentaxe ben maior a quen comercia co axeno. Esta iniciativa pretende ferir precisamente ás garrapatas da porcentaxe (discográficas, distribuidoras, editoriais... que obteñen case sempre máis do 70% dos beneficios, nos mellores dos casos) e que forman parte dos grandes lobbies cuxos intereses se están a defender por riba da liberdade na rede, promovendo a censura e facendo uso do seu poder económico para influir no poder político.

Agora: apoiar ou non a inciativa do "Marzo Negro" é unha decisión persoal que nos corresponde tomar a cada un de nós. Se alguén se decide a facelo que lembre que temos bibliotecas públicas e redes de intercambio paralelas, polo que neste caso "negro" non significa "baleiro".

Por outra banda o 15M de Lugo pretende aportar o seu gran de area en prol da arte libre e daquelas persoas que se adican á arte, artesanía ou creación intelectual e non hai mellor marco ca este. Por esta razón facemos un chamamento moi especial para o día 17 deste mes de Marzo:

Convidámosvos a unha festa da arte libre e do comercio digno da cultura. Queremos facer un escenario urbano no que tódolos artistas que queiran podan compartir as súas creacións co público, vendelas directamente e sen intermediarios, e dalas a coñecer a un novo auditorio. Faremos da praza un escenario.

As persoas interesadas en participar poderanse dirixir ao 15M como grupo organizador para establecer os requisitos de tempo, material, horarios... e así axudar a organizar un cartel coherente e cunha orde adecuada de interveción. Quen queira traer as súas creacións para expoñelas e vendelas pode contactar igualmente, axudando así a unha boa organización do evento, e poderá dispor dun lugar propio para a correcta exposición da súa obra.

Tanto se és creador ou consumidor de cultura, estás invitado a participar nesta festa a partires das 16.00 hrs na Praza Maior, lembra que será o 17 de Marzo: unha nova edición, máis grande e mellor, de INDIGNARTE

Marzo Negro para la industria, brillante para la cultura.

Durante toda a tarde levarase a cabo o VIII Mercadiño de troco e ás 18:30 a asamblea de debate.

Os artistas/artesáns/músicos/actores... interesados en intervir deben porse en contacto có 15M Lugo antes do 10 de marzo, para unha boa organización do evento. Moitas gracias a todos!