domingo, 25 de marzo de 2012

Manifestación 29M: en bloque crítico

A Reforma Laboral é un novo ataque á clase traballadora do Estado. Xunto cun contexto de crise na que os que máis sofren son os de sempre, outras medidas inxustas como a Reforma Financieira, precarización da educación e sanidade, política de vivenda..., os traballadores vense na total indefensión. O paro crecente e a falta de perspectivas de futuro esixen da nosa resposta.
O Movemento 15M quere por tanto sumarse a convocatoria sindical de folga xeral do 29 de marzo. O noso movemento social foi e segue a ser crítico con algunhas accións das cúpulas sindicais e co seu propio funcionamento. Non obstante, sabemos da súa importancia vital nas mobilizacións da clase obreira, celebramos a súa decisión de convocar a folga do mesmo xeito que apoiamos as anteriores convocatorias de protesta, e agardamos con esperanza que a súa acción dende o de agora esté á altura das circunstancias extremadamente negativas contra os traballadores. Como movemento formaremos un bloque crítico que deixe patente a disconformidade coas cúpulas sindicais con espírito inclusivo que faga primar o contido da protesta por riba de intereses perversos entre siglas. 
A folga xeral é un dos mecanismos dos traballadores para defenderse dos ataques recibidos, pero o gran número de desempregados, estudantes e demáis membros da sociedade tamén teñen motivos para participar da protesta e pódeno facer de distintos xeitos. Animamos á folga de consumo tamén durante ese mesmo día. 
Finalmente, sabemos que é tan so un día e o efecto real pode ser simbólico, pero a demostración de forza da clase traballadora ten que ser firme e masiva para demostrar que non temos medo e que, de non dar marcha atrás á reforma e de non adoptar de inmediato outras políticas que combatan o desemprego e non favorezcan aínda máis aos grupos empresariais e financieiros, é só o comezo da nosa loita. Cómpre loitar por dereitos que non podemos perder. Non pode haber excusas. Non quedes na casa.


XOVES 29 ÁS 11:30 NA PRAZA MAIOR CON DISTINTIVOS AMARELLOS PARA UNIRNOS Á MANIFESTACIÓN DAS 12:00h NO EDIFICIO DE SINDICATOS COMO BLOQUE CRÍTICO