domingo, 22 de julio de 2012

27 Xullo: Xuntos polo ensino no rural




Chéganos esto de parte das nais e pais do rural que reivindican o ensino contra os recortes. Pídennos axuda así que difusión e o que poda que acuda o venres 27 ás 11:30 o Multiusos da Xunta: Xuntos pódese.

Volta as unitarias do pasado
Como sabedes a xunta pretende facer agrupamentos en infantil e primaria por debaixo de 18 alumn@s, que implican a supresión de 54 mestr@s e 40 unidades na provincia de Lugo e que conleva que se xuntarían nen@s de distintas idades e mesmo de distintos ciclos, co conseguinte deterioro da calidade do ensino.
Esta medida afectará fundamentalmente as zonas rurais, xa castigadas polo despoboamento e constitúe un ataque á base do sistema educativo (infantil e primaria).
Ante iso as nais e pais de Cervantes, Becerreá, Samos, O Incio; Navia, Pedrafita e As Nogais uníronse para defender o dereito a un ensino público de calidade na montaña; a primeira medida de protesta foi facer a etapa Cebreiro - Samos do camiño de Santiago. O que recolleu a prensa escrita (Progreso, La voz) e dixital (sermos Galiza). En Samos recibironos os compañeir@s de Carballeda de Avia, na mesma situación ca nós e que xa realizaran accións conxuntas con outros centros do Ribeiro e Valdeorras.
Trala marcha fíxose unha asamblea na que se acordou:
•    Facer coincidir a etapa Monte do Gozo – Santiago co 12 de Setembro (dia de inicio das clases), ese día os nen@s non irían a clase e nos manifestaríamos en San Caetano tódolos centros de Galiza afectados.
•    A nivel provincial acordouse facer unha concentración diante do edificio da xunta en Lugo o día 27 de xullo ás 11:30 h
O problema dos agrupamentos afecta gravemente ós servizos públicos básicos do rural, que se xa eran escasos, isto constitúe o comezo da súa liquidación definitiva co obxectivo de botar do rural ós poucos que aínda resistimos e dificultar que a volta ó campo sexa unha alternativa de soberanía alimentaria á crise.
Polo tanto, entendemos que este non é só un problema dos centros directamente afectados este ano (que vos pasamos en documento adxunto), senón de todo o rural galego.
Tendo en conta que a xunta anunciou esta medida tralo remate do curso para dificultar a comunicación e coordinación dos centros afectados:
•    Solicitamos a vosa axuda para, a través da vosa afiliación/asociad@s, etc establecer contactos coas nais e pais doutros centros do rural da provincia (especialmente os afectados polos agrupamentos) cara a coincidir con eles o día 27 na concentración en Lugo.
•    Igualmente convidámosvos a difundir e apoiar a nosa convocatoria, a xunta sabe que os centros afectados suman moi pouca xente, intentan dividirnos; necesitamos o apoio dos movementos sociais implicados na necesidade dun mundo rural vivo para demostrarlles unha morea de xente o día 27 que non lles vai ser tan doado quitarlles ós nosos nen@s o dereito a un ensino de calidade no seu entorno.