jueves, 15 de noviembre de 2012

O 15-M perante a FOLGA XERAL do 14.N


Non houbo escusas, preguizas nin críticas baleiras... houbo utopías, loita social incansable, traballo e cooperación, houbo, ante todo, solidariedade... e se conquistaron dereitos, avanzaron as sociedades, fíxose historia.

O derrotismo nunca conseguiu nada máis ca perdedores resignados e poderosos reforzados. Mirar pra outro lado foi motivo das peores liñas qu

e temos escrito os seres humáns na nosa historia i o holocausto, compañeiras, foi unha delas. Mirar pra outro lado namentres as inxustizas non nos toquen demasiado... o peor dos egoísmos, que finalmente se retorce e nos apunta. Non estamos aquí por nós, que tamén, estamos aquí por tódalas persoas que están a sufrir unha política da austeridade que fai máis ricos ós ricos, máis poderosos ós poderosos.

Hoxe non perseguimos remendar problemas sociais do día a día: a política bancaria e os desafiuzamentos, unha débeda privada convertida en pública, o incremento das taxas universitarias, a privatización dos servizos públicos, as reformas laborais que precarizan os traballos e eliminan dereitos, a suba do IVE, a perda de dereitos por parte das mulleres, o encarecemento da luz, do gas... non perseguimos parches, hoxe faise folga, precisamente porque non os queremos. Buscamos a raíz, a base dos problemas. E rexeitamos unha política de austeridade que afoga e un sistema capitalista que mata. E hoxe non nos serven as medidas que pretenden un lavado de imaxe de partidos, nin tampouco de sindicatos. Esta é unha folga social, popular, e, ademais, internacional. Hoxe somos persoas que se mostran solidarias cos seus semellantes, críticas, formadas e informadas fronte ó medo, á resignación e ás escusas baleiras, fronte á desinformación que promoven os medios. E todas, en maior ou menor medida, facemos un sacrificio persoal polo ben común. E igual que o facemos, parece que chega a hora tamén de esixilo, porque as "masas silenciosas" poden chegar a ser tan culpables como os ruidosos golpes que nos están a asestar.

A loita social ven demostrando, non xa ó longo da historia, senón mesmo nestes últimos meses, que SI SE PODE. O traballo de asociacións, asembleas, comunidades... está a repercutir na axenda política, nos mass media e nas vidas de xente que nunca antes escoitara falar das alternativas. I as alternativas, como se está a ver, non só é que existan... é que funcionan. Cómpre se informar, pero ahí están, en case tódolos ámbitos e sempre accesibles a todas nós.

Facemos folga, greve, huelga, strike, ein Generalstrike, apergía... prendemos as velas e apagamos as luces. Dicimos NON, hoxe, mañá, pasado... unha soa folga non amaña nada pero pode ser o principio de moito. Difundide, informádevos, convencede... xuntas podemos e razóns non nos faltan, se non escoitemos o que veñen a compartir as compañeiras de movementos sociais lucenses...

TEXTO ESCRITO PRA O ACTO ORGANIZADO POLO 15-M E Ó QUE FORON INVITADOS COLECTIVOS SOCIAIS LUCENSES TAIS COMO: AFECTADOS POLAS PREFERENTES, FEDERACIÓN E MAIS E PAIS DE ALUMNOS, ADEGA, ASAMBLEA ANTICAPITALISTA, FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, A COVA DA TERRA, ETC, ETC... Pode gustar máis ou menos, hai actos que saen mellor i outros peor... pero que ninguén negue o traballo, a voz que se lle da á xente, ós colectivos, ás asociacións... trátase diso... difundide, colaborade, desfrutade porque SI SE PODE.