sábado, 2 de noviembre de 2013

Venres Violeta


O pasado Xoves 31 de Outubro tivo lugar o primeiro dunha serie de actos baixo o título  Xoves Violeta, organizados pola Área da Muller de Esquerda Unida. Trátase dunha serie de charlas, debates e mesas redondas nos que abranguen temas de actualidade para as mulleres dende una perspectiva feminista e con elas como protagonistas. Levaranse a cabo tódolos derradeiros xoves de cada mes dende outubro a maio.

Nesta ocasión o tema era A muller na esfera pública. Na mesa estaban: Yolanda Díaz, Eva Solla, Dulce López e Vanessa Somoza, cada unha delas deu a visión dende a súa óptica das situacións coas que se enfrontan as mulleres en diferentes colectivos da esfera pública: a muller na política, no sindicalismo e nos movementos sociais, así como das fórmulas para intentar mudar os problemas, cara a conseguir unha sociedade máis igualitaria.

Dende o 15M-Lugo, queremos agradecer a Esquerda Unida a súa invitación ao acto e a intervir no mesmo.

Este é un pequeño resumo das aportacións de Vanessa ao debate:

Moi breve exposición dalgúns problemas da muller na sociedade actual:


-A necesidade de sostemento da familia en canto a cuidados, por parte das mulleres, fixo dende sempre que o emprego femenino fose considerado como prescindible: un 96,40% das persoas inactivas por motivos familiares son mulleres.


-O incumprimento da Lei de Dependencia e a reducción de ingresos no fogar, fan que moitas mulleres asuman o coidado da familia en detrimento da súa vida laboral por mor da falla de garderías, centros de día… ou a imposibilidade de facer frente aos gastos para utilizar estes centros. Noutros casos vense obrigadas a aceptar traballos precarios para colaborar co sostemento da familia.


-Os sectores nos que se recorta o “gasto” público aféctanos como usuarias e tamén como traballadoras: os sectores de emprego maioritariamente femininos son sanidade, educación e servizos sociais: 


72% traballadoras en docencia non universitaria son mulleres

75% traballadoras en institucións sanitarias son mulleres


-Os recortes en materia de igualdade laboral tamén recaen sobre todo nas mulleres: tras eliminarse o Ministerio de Igualdade os recortes nesta materia son do 42%


-A esto hai que engadir o retroceso nas políticas contra a violencia de xénero con recortes en atención integral do 24,5%, traendo consigo a eliminación de servizos de atención e axuda a vitimas de violencia de xénero, casas de acollida, centros de emerxencia, centros de información municipais…


-A eliminación de Educación para a Cidadanía tamén traerá consigo os seus efectos negativos ao ser a única materia onde se trataba a violencia de xénero nas escolas.



Nos movementos sociais existe moita conciencia dos problemas da muller: segue sendo máis pobre, con menor acceso á educación, á saúde, á xustiza, a decididir o nº de fillos e cando telas… en definitiva n asía autonomía persoal, social e política.


A pesares desto a presenza de mulleres nos movementos sociais é escasa e sesgada, en xeral; o habitual é ver a mulleres moi novas ou maiores nas asembleas, pero con pouca presenza de idades intermedias e esto a pesares de que en movementos como o 15M dende o principio se mostraron sensibles cós problemas da muller, creando grupos de traballos e comisións para tratar estes temas directamente e mesmo incorporando a linguaxe feminina (ou de inclusión) de forma habitual.


Sen embargo, nunha sociedade onde impera o modelo patriarcal é moi difícil para as mulleres que traballando dentro ou fora da casa asumen tamén as labores de coidados familiares o poder dispoñer de tempo adicional para participar en asembleas ou traballos organizativos dentros dos movementos sociais e, isto, a pesares de que en asembleas grandes do 15M, por exemplo, dispoñen de turnos de coidado de pícaros para facilitar a participación das mulleres.


A ausencia na rúa e a imposibilidade de implicación levan a una desmotivación, un problema moi grave, pois debemos ter en conta que se queremos que a sociedade mude, nós temos un papel moi importante nese proceso e é necesario que formemos parte dese cambio.


Ademáis en grupos de composición maioritariamente masculinos teñense trasladado os mesmos problemas paternalistas e incluso machistas que existen na sociedade, pois estes grupos non deixan de ser un reflexo da mesma. Este non é o caso do 15M-Lugo, pero si coñecemos de primeira man outros grupos onde ten sucedido isto.


Os cambios superficiais non son suficientes: é preciso atopar formas de inclusión que permitan a participación maioritaria de toda a cidadanía, sexan cales sexan as súas circunstancias ou, por suposto o seu xénero.


É necesario contar có papel activo das mulleres en tódolos ámbitos da política e nos movementos sociais.


Debemos ter en conta que o modelo patriarcal está sustentado tamén por mulleres: todas esas mulleres con cargos públicos dentro do propio sistema que non fan nada por cambialo están apoiando e traballando en prol do patriarcado económico, social e político. Tamén as mestras ou as nais que non intentan dende o seu ámbito mudar a situación ou as esposas ou as noivas… Todas debemos poner o noso granito de area.


As mulleres debemos ter un papel activo para conseguir que a sociedade cambie a mellor.


O papel feminino supón un punto de vista dende una realidade dunha falsa minoría (somos a metade da poboación, pero temos o status de minoría) aportando a experiencia dunha parte da sociedade marxinada, esas experiencias grabadas no subconsciente son fundamentais á hora de enfrentar un cambio profundo, realista, utópico e sobre todo renovador.