domingo, 13 de abril de 2014

Preparando Maio Global

Hola compañeiros, decirvos que seguimos por aquí, na loita, pacífica pero tenaz.
Agora mesmo estamos preparando os actos de Maio: o Maio Global 2014, porque sabemos que estamos na rúa: cada día hai máis mobilización social e máis alternativas e xuntos podemos facer que cese este expolio que estamos padecendo. Remamos cara á unión dos colectivos sociais que se están a mobilizar, para seguir facendo actos conxuntos como o do pasado 22M: éxito rotundo de manifestación pacífica, aínda que haxa quen nos quera convencer do contrario. Actos como ese son os que demostran que o poder está no pobo e fan que os de arriba se poñen nerviosos: o que máis temen é a nosa unión.

Decirvos que o vindeiro venres 25 ás 20:30h teremos unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA para tratar tódolos pormenores das mobilizacións de maio,como sempre as asembleas son abertas a todo aquel que queira acudir e dar a súa opinión.

VÉMONOS NAS RÚAS!!

Manterémosvos informados dos actos en sí en canto teñamos todo ben planificado.