viernes, 10 de junio de 2011

Acta Asemblea 5-6-2011 Idioma Galego

Asemblea Lugo
Domingo 05-06-2011
Acta



1.-Recordatorio das normas da Asemblea.
2.-Lectura de cómo funciona unha Asemblea.
3.-Lectura da acta do día anterior. Aprobada por consenso.
4.-Lectura de acordos xa acadados.
5.-Intervención das comisións:
5.1.-Comunicación
Exponse o contido e conclusións da reunión de Vilagarcía entre distintas acampadas galegas. Comunícase que se está a traballar nunha rede común para facilitar o traballo entre distintas vilas e cidades.
Crearanse grupos de traballo para investigacións conxuntas. Pídese colaboración.
Comunícase que en Madrid están debatendo levantar o día 13.
5.2.-Información
Precísase xente para repartirmos información en colexios e universidades (proxecto de cara ao curso que ven). Preténdese preparar unidades didácticas para elo.
Tentarase contactar co Concello para conseguirmos un baño.
Precísase xente para cinco mesas de información que se localizarán nas portas da muralla durante o Arde Lucus.
Proposta: pedir cita co Alcalde para achegarlle puntos relativos á problemática lucense.
19 de xuño manifestación nacional contra o Pacto do Euro, pídense ideas para carteis e voluntarios para pegalos pola cidade. Lémbrase que en Lugo estará encadrada no Arde Lucus.
5.3.-Mediación
Propón mellorar coordinación entre as comisións.
Lémbrase que as comisións están abertas á integración de máis persoas que queiran.
Proposta de creación de grupos de estudo para levarmos a cabo debates ideolóxicos durante as asembleas.
5.4.-Actividades
Día 8 ,20.30 Teatro.
Día 15, 21.00 Marcha arredor da muralla con velas.
Día 19, 19.00 Marcha de escravos. Lémbrase que o saco e a corda custan arredor de 70 céntimos. Suxírese contactarmos coa tenda para que prepare material de cara aos posíbeis compradores. Lembran tamén que se iniciará un taller de disfraces.
Reduciranse as actividades pola imposibilidade de mantelas todos los días.
Proposta de cine de verano con proxector na praza e de temática educativa.
A actividade musical tivo moito éxito, repetirase.
Sábado 11, OBRADOIRO DE CAMISETAS (para esta semana).
5.5.-Acción
Expoñen unha acción á Asemblea: DebateBus, consiste en que catro persoas subirán a un bus urbano, uno para tranquilizar e atender ás peticións do condutor, outro cun megáfono e dous repartindo información.
Folleto informativo aprobado por consenso, en dobre cara en ambas linguas. O seu contido fala da democracia, orzamentos, salarios, privilexios políticos, iniciativa lexislativa popular, para ser accesible a un público amplo formado sobre todo por xente maior.
Consultouse co avogado e non é ilegal.
Tamén se repartirán cuartillas onde escribir para deixar nunha urna as problemáticas máis próximas do seu barrio.
Apróbase por consenso.
5.6.-Loxística
O que fai falta:
Comida: leite, zume, alimentos non perecedoiros
Fotocopias
Megáfono
Reestruturarase o campamento se este permanecer máis tempo.
Manter a orde e a limpeza e axudar nas tarefas.
5.7.-Recursos humanos
O que fai falta:
Xente para os horarios de día e noite
Xente para manter a mesa de información
Vaise ir ao mercado de Frigsa o martes e mais o venres.
O venres vaise ir á Praza de Abastos
5.8.-Tesouraría
Lémbrase que só se recibirán doazóns durante a Asemblea para evitar estafas no nome do movemento.
Contarase cun talonario e se entregará un recibo por cada doazón para facilitar a transparencia.
Seguindo o acordo polo cal os tesoureiros rotarán no cargo, ofrécese Randi como voluntario.
6.-Debate
Propostas
Información da continuidade da acampada na Subdelegación do Goberno.
Levantar o campamento deixando fixada unha estratexia de traballo.
Lémbrase que se debe renovar a información sobre a nosa acampada antes do mércores. Apróbase por consenso renovar a información xa que non é vinculante para continuar a acampada.
Lémbrase que cando se levantar o campamento seguirase traballando na rúa e en puntos estratéxicos.
Exponse o problema de non poder gardar o material en ningún sitio de cara a actividades. Proponse solicitar un local ao Concello o negociar a retirada da praza.
Proponse levantar a acampada nun prazo de dous días. Rexéitase con 3 votos a favor, 12 en contra y 21 abstencións.
Proponse manter a acampada ata o día 15 de forma provisional. Apróbase con 22 votos a favor, 1 en contra y 12 abstencións.
7.-Propostas e suxestións
8.-Anuncio de convocatorias e lectura do protocolo de desaloxo