miércoles, 20 de julio de 2011

Acta Asemblea 19-7-2011 Idioma Galego

Movemento 15M Lugo

Asemblea 10-7-2011

Acta


1.-Lectura da acta do día anterior. Aprobada por consenso.


2.-Recordatorio do funcionamento da Asemblea


3.-Intervención das comisións


3.1.-Comunicación-Información:

- Proponse un proxecto para levarmos aos poucos as asembleas aos barrios, estabelecendo unha serie de puntos para facer reunións e axudar ás asociacións a arrancar asembleas, como primeiro paso do protocolo de expansión. Aberto a calquera suxestión.

- Os carteis das actividades do dia 13 e mais do dia 15 xa están publicados en Acampada Lugo, en Estados del Malestar e en N-1; así mesmo, enviaranse á prensa.

- O título elixido para a actividade do dia 15 é: Obxectivo 15M.

- Lévase a cabo a votación do logotipo 15-M Lugo. Pídese colocalo como sinatura nos e-mails.

- Déixase de traballar na WIKI e se pasa á N-1.

- Revista: Precísanse achegas, ideas para o nome, contidos, nome e logo para cada unha das seccións. Proponse crear un índice a modo de suxestión para o que se precisa, e que a xente vexa o que pode aportar dese índice.

- Incídese na necesidade de termos a pancarta en todos os actos mais a presenza de folletos para repartir.

- Posibilidade de facer unha radio online: Os interesados en colaborar poden contactar con información-comunicación

- Pídese encher o campo Asunto nos emails enviados ás comisións.


3.2.-Actividades:

- Mércores, contra as 21:00h, Mercado da Conciencia. Traer o que non precisamos e o que non sexa repartido levarase a unha institución benéfica. Charla debate simultaneamente sobre o consumo responsábel e a xestión de residuos.

- Venres día 15, contra as 21:00h, exposición fotográfica, enviar antes do martes as fotos ao correo de actividades e á conta facilitada na Asemblea anterior. Pídese colaboración a músicos para amenizaren o acto, e traer comida para un picnic. As fotos farán de decoración no palco da música. Proponse expor as fotos en bares cando a actividade finalizar.

-Co obxectivo de mellorarmos a difusión proponse aproveitar estas actividades para darlle proxección á poboación aínda non suficientemente informada.

- Pegada de carteis das actividades o luns despois da reunión de comisións. Faranse 100 de cada actividade a tamaño A4.


3.3.-Acción:

- Reunión o luns contra as 17:00h coa xente do barrio da Residencia para eles expórennos a súa problemática. Enviar correo a loxística para a xente que quixer ir. Cando se souber o lugar da reunión enviarase un correo ás comisións.


3.4.-Loxística:

-Corrixirase o inventario na garaxe de Jessica, xa que se incluíu material que non correspondía ao movemento.


3.5.-Tesouraría:

-Non se produciron gastos, o saldo é de 133.80 (Cento trinta e tres euros con oitenta céntimos).


4.-Propostas e suxestións

- Empezar a pensar na situación no inverno, local para reunións, asembleas, gardar material. A asociación do Parque ten un local en Pintor Corredoira, antigo Lugh.

- Habería que solicitalo con dous días de antelación para reservarmos o local,onde se dispón ademais dun salón de actos. As xuntanzas de comisións poderían ter lugar nun local, ou na rúa malia houber mal tempo. Sería bo termos un local para gardar o material. O debate continuará cando houber novas achegas ou máis adiante.

-Pablo comenta que expandirá e informará das actividades do Movemento en Sanxenxo, onde pasará o período estival. Por elo, pide panfletos para poder repartir.


5.-Fin da Asemblea