domingo, 3 de julio de 2011

Acta Asemblea 20-6-2011 Idioma Galego

Asemblea Lugo
Luns 20-6-2011
Acta


1.-Lectura da orde do día
2.-Lectura da acta do día anterior. Aprobada por consenso.
3.-Recordatorio do funcionamento da Asemblea. Lémbrase que se debe poñer en práctica a mediación con persoas que non estiveren ao corrente da nosa actividade.
4.-Intervención das comisións


4.1.-Loxística:
Pide comunicación entre comisións para traballaren no que for necesario.
Informa sobre un proxecto de posto de información móbil. Consiste nun bastidor de aceiro ou un material semellante, lixeiro mais resistente, as rodas dunha bicicleta, e unha carrozaría de cartón ou materiais semellantes lixeiros. Moveríase a pedais.
Ofrécese un carromato para funcionar como posto móbil de información.
Pídese non usar o deseño dun coche senón o dun transporte colectivo, e pídese usar materiais reciclados na medida do posíbel.

4.2.-Actividades:
Comunican que se fará unha actividade informativa sobre o Pacto do Euro o sábado ás 20.00h.

4.3.-Acción:
Infórmase das seguintes convocatorias:
Mércores: Toma de posesión na Deputación, 12.00h.
Mércores: Visita do ministro de Fomento ao Círculo das Artes. 19.30-20.00h, proponse unha concentración silenciosa.
Xoves: Inauguración popular da nova ponte sobre o Miño. Pídese definir o que queremos facer, se unha inauguración ou unha ridiculización do acto político. Suxírese unha parodia das inauguracións oficiais na que se leven pinchos, gaiteiros, caretas de políticos, una cinta para cortar e unha placa. Convócase a quen quixer asistir ás 19.00h na Praza Maior ou ás 19.45h na nova ponte. Lémbrase que se deberá levar chaleco reflectinte. Acórdase suspender a Asemblea do xoves debido a este acto e non movela a outra data.
Venres: Protesta na Inauguración oficial da nova ponte.

4.5.-Mediación:
Propón actividades para dinamizar as asembleas: Actividades de coescoita, de aprendizaxe do funcionamento de outras culturas asemblearias... Apróbase a realización destas actividades que se definirán con máis detalle no futuro.
Propóñense temas para debate ideolóxico. Suxírese a lei electoral, orzamentos participativos o funcionamento da política municipal. Por ser un tema próximo e que debe ser previo ao de orzamentos participativos, suxírese desde a comisión comezar polo funcionamento da política municipal. Apróbase por consenso.
Debátese a posibilidade de que Sonia Méndez, concelleira de economía, veña explicar algúns puntos. Decídese debatermos este punto neste intre e se expoñen as seguintes opinións:
-Non deberían vir políticos para non caer na manipulación e porque nos van a dicir o que máis lles interese.
- Este movemento pode incluír a quen queira formar parte de el, sexa cal for o seu cargo.
- Incídese na diferenza entre vir invitada ou voluntariamente.
- Suxírese facer primeiro actividades formativas para termos coñecementos sobre os temas que se vaian tratar, e así non ser manipulábeis.
- Incídese en que primeiro debemos escoitar a xente de outros barrios e de asociacións e despois falar cos políticos.
- Menciónase a diferenza entre ser técnico dunha corporación, ser membro dun goberno ou ser político sen cargo.
- Finalmente, acórdase non invitar a políticos polo momento e traballar nos os temas ou contactar con xente sen afiliación política.

4.6.-Información:
Comunícase o reparto de 2.000 folletos durante dous días de funcionamento da mesa de información no Arde Lucus.
Transmítese información sobre a realización dunha marcha popular a Madrid que vai partir de diversos puntos de España. Colgarase información sobre etapas para quen quixer facer algunha etapa. Convócase unha reunión para os interesados o mércores ás 19.00h.

4.7.-Comunicación:
Infórmase sobre a presenza de La Sexta durante a Marcha Escrava do día 19 e se comunica que a prensa recibiu información sobre as convocatorias da semana.
Lémbrase que está convocada unha xuntanza con alumnos do IES Lucus Augusti o mércores 23.
Comunícase tamén a realización dunha entrevista a El Chojin tras unha charla en Monterroso sobre temas relacionados co movemento 15M. A raíz disto proponse realizar entrevistas a distintas figuras lucenses relevantes. Vanse propor nomes que serán elixidos por consenso e tentarase chegar a esas persoas.

4.8.-Tesouraría:
Despois de gastar 70€ en fotocopias, o saldo é de 154.15€. Lémbrase que o sábado 25 terá lugar en Santiago o II Foro Galego de Acampadas e que a viaxe será costeada co Fondo de Resistencia.

5.-Temas de debate:
Debátese sobre a acción na que, nun acto en Garabolos falouse con Sonia Méndez.
- Infórmase de que o problema foi que o acto estaba pensado dunha maneira e, por circunstancias, realizouse de outra.
- Pídese respecto ao falar con calquera persoa nas formas e no contido.
- Lémbrase que nunca se debe chegar ao insulto, aínda que se poidan facer preguntas comprometidas.
- Tamén se recorda que cada persoa é responsábel das súas palabras e que o mesmo acontece nas redes sociais. Debe primar, polo tanto, o sentido común en todos os casos.
- Conclúese que é importante aprender dos erros, preparar as accións e actividades a conciencia e manter o respecto en todo momento.

6.-Propostas e Suxestións:
Plantar un teixo como símbolo, por exemplo na inauguración da nova ponte sobre o Miño.
Traballarase nun sistema organizado para estendermos o movemento aos barrios.
Incídese na necesidade de autocrítica positiva.
Transmítese a proposta dunha actividade ou charla sobre feminismo que ha de ser detallada en vindeiras Asembleas.
Proponse un xantar multicultural.
Suxírese un paseo polo Rato repartindo información.

7.-Recordatorio de convocatorias e fin da Asemblea:
- Martes: IndignARTE 2.0, 20.00h Praza Maior
- Mércores: Protesta na toma de posesión da Deputación. 12.00h
- Mércores: Xuntanza para los interesados na marcha a Madrid. 19.00h Praza Maior
- Mércores: Protesta silenciosa nun acto do ministro de Fomento no Círculo das Artes. 19.30-20.00h
- Xoves: Inauguración popular da nova ponte sobre o Miño. 19.00h Praza Maior/ 19.45 na nova ponte.
- Venres: Inauguración oficial da nova ponte sobre o Miño. Hora por confirmar.
- Sábado: Actividade formativa sobre o Pacto do Euro. 20.00h Praza Maior
- Domingo: Asemblea 20.00h Praza Maior.