domingo, 17 de julio de 2011

Acta Asemblea 3-7-2011 Idioma Galego

Asemblea Lugo
Domingo 3-7-2011
Acta

1.-Lectura da orde do dia e recordatorio do funcionamento da Asemblea.

2.-Lectura da acta da Asemblea anterior. Aprobada por consenso.

3.-Intervención das Comisións.

3.1.-Comunicación:

Pídese, como se falou na reunión de Comisións, unha reestruturación para sermos máis eficientes e
adaptarnos á época de verano.

Proponse a creación dunha revista cunha edición dixital e outra impresa. A edición dixital será
máis ampla e aproveitando as vantaxes do formato, e a edición impresa terá un carácter máis xeral
e informativo. A súa redacción levarase a cabo por un grupo de traballo dedicado a esa tarefa e
dará cabida á participación de todo aquel que o desexar enviando os seus textos por todas as canles
existentes. Non se define a periodicidade, xa que non se sabe de antemán a xente que vai traballar
nela. Esta proposta foi aprobada por consenso.

Proponse ademais una charla informativa sobre a rede N-1, cómo funciona, cómo podemos traballar
con ela e qué partido podemos sacarlle.

Proponse un protocolo de difusión, ao igual que existe protocolos en outras comisións; que consiste
en homoxeneizar e unificar toda a documentación a entregar á cidadanía, actualizando datas,
unificando enlaces e direccións, e facer unitaria a mensaxe; con canais de información máis veraces
e efectivos. Acórdase que se deberá traballar neste protocolo entre todas as Comisións xa que afecta
a todo aquilo que o movemento vai realizar.

3.2.-Actividades:

O venres levouse a cabo un reparto de información sobre o Concello de Lugo e o sábado un
representante da plataforma do parque Rosalía impartiu una charla sobre o seu problema coa
corporación.

O Martes día 5 de xullo, ás 21:00 h está prevista unha actividade lúdica, que consistirá nun debate
con megáfono aberto acerca de Lugo, no cal vanse propor catro preguntas de cómo o percibimos,
como o queremos cambiar, etc.

O Mércores día 6 de xullo , contra as 21:00 está prevista una charla-coloquio sobre o
funcionamento do Concello de Lugo.

Incídese na necesidade de manter a mesa de información o maior tempo posíbel.

No referente aos Martes Artísticos, trataríase de facer un programa fixo de antemán sen privar a
ninguén de participar espontaneamente. Procurarase facer un Martes Artístico cada 15 días. O que
foi programado para este martes, dia 5 de xullo, vai ser posposto para o seguinte.

Alén disto, proponse facer un picnic na praza, con manteis e alimentos traídos de xeito voluntario

por cada un de nós (semellante á inauguración da ponte). Decídese celebrar durante o día 15 de
xullo, coincidindo co aniversario do 15M.

3.3.-Tesouraría

Fixéronse fotocopias para repartirmos o venres día 1 de xullo, sobre a información de cómo se
estrutura o Concello. Estas custaron 3.70€ ; polo tanto, o saldo actual do fondo de resistencia é de
160.80€. Randi deixa de ser o tesoureiro e pasa a ser Lea Squdero.

4.-Propostas e suxestións.

Infórmase de que se vai subir para o blogue un resumo da charla da Plataforma do Parque Rosalía.

Así mesmo, proponse colocar a mesa máis tempo na rúa, para mostrarmos unha maior presenza á
poboación.

Vanessa comprométese a facer os folletos e Randi a imprimilos. Alén disto, lémbrase da existencia
dun grupo de traballo na wiki de Lugo para elaborarmos os folletos.

Decídese discutirmos un nome para o Movemento con vistas a empregalo no material realizado
polo movemento. Tras varias propostas acórdase unanimemente Movemento 15-M Lugo. Proponse
imprimir os folletos informativos en galego e castelán.

Por último, proponse un evento en facebook para deseñarmos o logotipo que vai representar ao
movemento. Proponse ver logos xa existentes e á xente interesada se lle proporá traer os seus
esbozos á vindeira Asemblea. Procurarase que a xente traballe en equipo (comunicada entre si en
maior ou menor medida), para evitarmos chegar aos mesmos resultados por atuarmos de forma
paralela e illada. Isto suporía unha perda de tempo e esforzo.Unha primeira idea, consiste en
aproveitarmos a forma da Torre da Mosqueira.

5.-Fin da Asemblea