domingo, 3 de julio de 2011

Acta Asemblea 30-6-2011 Idioma Galego

ASEMBLEA LUGO
ACTA DO 30/06/2011
  1. LECTURA ORDE DO DÍA
  1. RECORDO DO FUNCIONAMENTO DA ASAMBLEA
  1. LECTURA DA ACTA DA ASAMBLEA DO 26/06/2011, que queda aprobada por consenso
  1. EXPOSICIÓN DAS COMISIÓNS
    1. C. MEDIACIÓN:
  • Expóñense os problemas que parece haber para a realización da semana sobre política municipal: Para as actividades do venres e sábado (1 e 2 de xullo respectivamente) sobre a política municipal están preparados os paneis informativos e concertada a charla dos membros da asociación Parque Rosalía. Pola contra, non había preparada ningunha outra actividade nin a charla explicativa que se pensaba dar. Tampouco parecía haber xente suficiente para levalas a cabo.
Propóñense alternativas; para o venres: reparto de folletos (que xa están feitas) e sesión de megáfono aberto; para o sábado: charla Parque Rosalía con posíbel proxección de audiovisuais. Preséntanse 6 persoas (3 para cada día) para levar a cabo estas actividades e acórdase proceder deste xeito.
  • Como non está a haber aforo e tampouco xente suficiente para levar a cabo as actividades, faise unha proposta para o verán, que é aprobada por consenso:
    • Asemblea xoves e domingo ás 21h
    • Actividades martes e mércores: hora non fixada
    • Martes artísticos cada 15 días
    • Cine de verán unha vez á semana: verase de conseguir que o concello deixe electricidade e se é así, verase de comezar con esta actividade o mércores. Unha persoa ofrécese para ir ao concello para ver se fose posible.
  • Proposta de quórum (aprobada): como é previsíbel que durante o verán a afluencia de xente á Asemblea baixe de maneira significativa proponse un mínimo de 15 persoas para esta poder levarse a cabo. Así mesmo acórdase agardar 15 minutos dende a hora fixada inicialmente quer na Asemblea ou en todos os actos programados.
  • Proponse marcar un tempo máximo de exposición das comisións (aprobada): este tempo non sería obrigatorio nin inamovible. Tomarase como referencia: 45 minutos para todas as comisións.
  • Ouros:
    • Deberase de advertir o cambio de horarios nas actividades do venres e sábado e na actividade do domingo.
    • Pídese que por favor, que cando os secretarios non vaian vir avisen ou procuren un substituto.
    • Avísase de que hoxe remata a información dada ao goberno civil sobre as concentracións que se estaban a realizar na praza. Fálase de que hai que renovar esta información. Unha persoa móstrase voluntaria a facelo.

      2. C. INFORMACIÓN:
  • Infórmase de que se foi ao pleno do pasado luns e as notas que se tomaron foron colgadas na páxina do facebook.
  • O martes chegaron a Lugo os membros da Marcha Indignada de Coruña, e foron recibidos, déuselles de comer e estiveron pola tarde. O mércores foise a Sarria a fíxose asemblea alí cos membros da Marcha de Coruña e Santiago, así como con quen quixese ir da vila.
  • Pregúntase polo punto de información: respóndese que non se pode pór un fixo pola falta de xente. RRHH ofrécese a buscar xente para ver de póla.

    3. C. COMUNICACIÓN:
  • Infórmase que chamaron do Progreso para facer unha reportaxe ou enquisa sobre o 15M para saír esta fin de semana. Dende comunicación déronse os teléfonos da xente das comisións.
  • Infórmase novamente que noutras acampadas están a empregar uns modelos para as accións (primeiro informativas e logo como ferramenta de información) cos obxectivos, o método, as incidencias xurdidas, etc. Admítese que estaría moi ben facer nós tamén algo así.
  • Fálase de pórmos en contacto coa Federación de Asociacións Veciñais, para irse achegando, mandar e intercambiar información, etc.
  • Anímase a todos a participar no Cuestionario de Sol que está colgado na wiki (asamblealugo.wikispaces.com).
  • A ferramenta n-1 xa está creada e anímase a toda a xente a utilizala (funcionamento similar ao de unha wiki)
    1. C. ACTIVIDADES:
Precisan relevo, xa que están queimados e Marta marcha. Saleta anímase a unirse.

    1. C. LOXÍSTICA:
Non hai representantes de Loxística.
    1. C. ACCIÓN:
Fálase de ter conta de quen vai estar durante o verán (moitas comisións quedarán só con unha persoa). Dise que se falará na próxima reunión de comisións, pero tamén se fala de que se mande un correo a mediación con esta información.
    1. C. RRHH:
Quéixanse da falta de traballo

8. TESOURARÍA:
Non hai gastos durante a semana, e recíbense 40,35€ de donativos durante a asemblea, polo que hai 164,5€ en total.

TEMAS DE DEBATE:
Tema proposto na Asemblea anterior: Tipo de comportamentos que consideramos violentos e que non estamos dispostos a tolerar como colectivo e xeito de actuar en caso de presencialos durante unha das nosas accións. Apúntase que este movemento exclúe por definición calquera tipo de violencia, así que o debate debería centrarse na nosa forma de responder ante ela. Àbrese unha quenda de réplica e contrarréplica, podendo realizar o seguinte resumo do conxunto das intervencións:
Lémbrase que un dos principios do movemento é que nós, con independencia de que os cidadáns sexamos obxecto de numerosos comportamentos violentos por parte dos estamentos de poder, defendemos e asumimos como colectivo unha actitude estritamente pacífica. Entón, xa que como individuos rexeitamos maioritariamente os insultos e acusacións cando estas non se sustentan en feitos reais (datos, probas, condenas xudiciais), como colectivo deberiamos proceder da mesma maneira, especialmente se estes son practicados á cara e con malos modos (violencia verbal) durante o desenvolvemento dunha acción. Polo tanto, se isto suceder, fálase de estabelecer un protocolo de actuación co obxectivo de desvincularnos das persoas que estarían a exhibir dito comportamento, o cal debería ser aplicado non á mínima senón só se a situación o requirir. De feito, varias persoas sinalan que inicialmente debería ser empregada a mediación e a disuasión verbal. En todo caso, sen prexuízo de aplicarmos ou non un protocolo incídese na necesidade de empregar sempre o sentido común. Por outra banda, apúntase que tanto definirmos ben as accións a levar a cabo como planear actos máis imaxinativos e de carácter máis lúdico axudaríanos a reducir a nosa exposición a ese tipo de incidentes. Por último, desde a Comisión de Mediación sinálase a necesidade de non mesturar debates xa que por unha banda está o debate teórico sobre a violencia e por outro o debate operativo de como actuarmos fronte a ela. A isto respóndese que en realidade son debates ligados xa que antes de propor solucións a un problema hai que definir o problema en si. Debido ao alongamento da discusión decídese pechar o asunto neste punto sen termos chegado a ningún acordo definitivo sobre o mesmo. Fálase sobre deixar para outra Asemblea o estabelecemento de protocolos de actuación aínda que tampouco sobre isto se produce o acordo.

6. PREGUNTAS E PROPOSTAS PRÓXIMA ASAMBLEA:
  • Proponse diminuír o número de comisións.
  • Debate para próximas asembleas que é a violencia: sería interesante que fose tras buscar información e quizais tras realizar actividades ao respecto.
  • Fálase sobre a situación do barrio da Residencia, que se puxeron en contacto con varias persoas.

7. LECTURA DO TEXTO DE PECHE E FIN DA ASEMBLEA: a cargo de Pablo