domingo, 6 de noviembre de 2011

Lugo pregunta

O Movemento 15M Lugo informa da realización da actividade Lugo Pregunta o sábado día 12 de novembro na Praza Maior a partir das 17.00.

A actividade Lugo Pregunta consiste nunha Rolda de preguntas da cidadanía aos voceiros dos partidos políticos que asistirán a cita.
Está confirmada a presencia do BNG e de Esquerda Unida. Queremos salientar que non se recibiu ningunha resposta por parte do Partido Popular nin do Partido socialista obreiro Español.
Recordamos as liñas polas que se moderará o acto:

- Cada pregunta será formulada por un cidadán a tódolos voceiros dos partidos. O tempo de formulación da pregunta non deberá exceder dos 30 segundos. A moderación rexeitará ataques persoais e calquera tipo de violencia verbal ou falta de respeto aos interlocutores.
- Todos os voceiros respostarán as preguntas por turnos que cambiarán en cada pregunta. O tempo máximo de resposta será de 60 segundos. A moderación coidará que os voceiros den respostas directas e de non facelo retirarán o turno de palabra.
- Debido ao carácter aberto das preguntas caberá esperar todo tipo de temas, tanto da política nacional como local.
- Estas condicións serán lidas na súa versión definitiva ao comezo do acto.

Debido á importancia para a cidadanía do evento, remitimos esta información aos medios de comunicación. Informamos de que poden empregar este correo para solventar calquera dúbida ao respecto.
De consideralo necesario, poderemos emprazar aos medios de comunicación que queiran información directa sobre o evento a unha rolda de preguntas aberta nunha data convenida.
Todas as novas sobre esta actividade e sobre todas as nosas convocatorias aparecerán no blog acampadalugo.blogspot.com