lunes, 12 de marzo de 2012

Cultura de base para todos



O 15M de Lugo pretende aportar o seu gran de area en prol da arte libre e daquelas persoas que se adican á arte, artesanía ou creación intelectual e non hai mellor marco ca este. Por esta razón facemos un chamamento moi especial para o día 17 deste mes de Marzo:

Convidámosvos a unha festa da arte libre e do comercio digno da cultura. Queremos facer un escenario urbano no que tódolos artistas que queiran podan compartir as súas creacións co público, vendelas directamente e sen intermediarios, e dalas a coñecer a un novo auditorio. Faremos da praza un escenario.

Tanto se és creador ou consumidor de cultura, estás invitado a participar nesta festa a partires das 16.30 hrs na Praza Maior, lembra que será o 17 de Marzo: unha nova edición, máis grande e mellor, de INDIGNARTE.

Marzo Negro para la industria, brillante para la cultura.

Durante toda a tarde levarase a cabo o VIII Mercadiño de troco e ás 17:30 a Asamblea de Debate.

Moitas gracias a todos!