domingo, 13 de mayo de 2012

Manifesto Global: Tomamos as rúas o 12M


Vivimos nun mundo dominado por forzas incapaces xa, se algunha vez o foron, de aportar unha vida digna a tódolos habitantes do planeta, garantindo os dereitos básicos de existencia que nos permitan vivir con dignidade e liberdade. Un mundo onde se nos di que non hai máis alternativa que a perda de dereitos adquiridos tras longas loitas, ou a renuncia a sequeira disfrutalos.

Chegamos a un mundo no que o triunfo asimilouse á perda de valores esenciais da humanidade, como a solidariedade e o apoio mútuo. É máis, todo o que non fomente a competitividade, o egoísmo e a avaricia preséntase coma disfuncional. Unha ideoloxía inmoral que vese reforzada pola hexemonía cultural dos grandes medios de comunicación, auténticos instrumentos para crear o consenso necesario arredor deste sistema inxusto e insolidario.

Pero non quedamos calados. Espertamos as nosas conciencias, que se sumaron a unha onda de conciencia colectiva que está a iluminar o planeta dunha punta á outra. Dende Túnez á Praza Tahir, dende Madrid e Barcelona a Reijkiavik, dende Nova Iorque a Bruxelas, os pobos do mundo álzanse, na Primaveira Árabe, na dignidade islandesa, na indignación do 15M ou na Ocupación de Wall Street. Todos unidos denunciamos o estado actual do mundo. O noso esforzo serviu para dicir basta xa a escala mundial, e comezar a forzar cambios, aínda nacentes pero nos que debemos seguir avanzando.

Por iso nós, mulleres e homes, habitantes deste planeta, decidimos libre e fraternalmente facer ouvir a nosa voz outra vez este 12 de maio en todo o mundo, para denunciar o estado actual do noso planeta e esixir a aplicación doutras políticas distintas, destinadas ao fomento e promoción do ben común.

Denunciamos que a actual distribución dos recursos económicos é tal que só unha minoría moi exigua escapa da pobreza ou da precariedade. As xeracións futuras están condenadas a recibir unha herdanza envenenada debido aos riscos medioambientais provocados por moi poucos para o seu beneficio. Os sistemas políticos democráticos, onde os hai, vaciáronse de sentido case na súa totalidade, poñéndoos ao servizo dos mesmos que só están interesados en aumentar o beneficio para as súas corporacións ou institucións financieiras, sen importar o destino do planeta ou o dos seus habitantes.

Tamén denunciamos que a actual crise non és un accidente natural. Foi provocada pola avaricia dos mesmos que levaron o mundo a esta situación. Coa axuda dunha ciencia económica que perdeu o seu sentido orixinal de xestión do ben común para convertirse en ideoloxía ao servizo do poder financieiro, pretenden impoñer medidas que asfixian aún máis a miles de millóns de persoas, sen pedirlles permiso, tan só argumentando que non hai outra solución posíbel. Din que debemos deixar o noso futuro nas mans dos mesmos expertos que o están a destruír.

Pero tambén, aquí e agora, volvemos. Espertamos e xa non só para queixarnos. Agora apuntamos aos verdadeiros causantes da crise, ás súas políticas e ás súas mentiras disfrazadas de vacía retórica. E propoñemos alternativas as súas políticas, que permitan remediar a actual situación e avanzar cara un mundo máis democrático, onde reinen os valores da liberdade, da igualdade e da fraternidade, o vello soño dos nosos ancestros cando se erguiron contra a opresión no pasado por todo o planeta. Un mundo onde cada home ou muller teña garantido o dereito á libre búsqueda da felicidade, persoal e colectiva.

Isto é o que esiximos:

1. A economía debe estar ao servizo do benestar xeral e do sostén e coidado do medio ambiente, non do beneficio privado. O traballo debe, ademáis, ser valorado e recompensado pola súa utilidade social, non pola súa productividade comercial ou financieira. Por iso esiximos:

    Acceso libre e universal á saúde, a educación pública dende a infantil á universidade, e a vivenda de tódolos seres humáns, mediante as políticas adecuadas para o mesmo. Rexeitamos frontalmente a privatización da xestión dos servizos públicos, e o uso destes servizos esenciais para o lucro privado.
    Respecto absoluto polos dereitos da infancia, incluíndo o coidado infantil gratuito para todos.
    Xubilación digna para todos, dereito a vacacións e baixa por enfermedade.
    Todo ser humano debe ter acceso a unha renda adecuada para o seu sustento, polo que pedimos traballo para todos ou, no seu defecto, renda básica universal adecuada aos ingresos locais.
    As grandes empresas deben de ser responsábeis dos seus actos. Por exemplo, non haberá axudas públicas ou fiscais de calquera xeito ás empresas que violen os dereitos dos traballadores, o medio ambiente, ou practiquen a subcontratación como método de descenso dos salarios.
Todos temos dereito a disfrutar da cultura, participando dun ocio creativo e enriquecedor, ao servizo do progreso humano. Por iso, reclamamos a progresiva reducción da xornada laboral, sen diminución da renda.
    A soberanía alimentaria debe ser promovida mediante unha agricultura sostible, como instrumento de seguridade alimentaria para todos.
    Esiximos políticas que entendan que o cambio de modelo de vida será ecolóxico ou non será. Estas políticas deben partir dunha base simple: non pode malograrse o equilibrio dos ecosistemas por simple afán de lucro.
    Políticas de fomento do paso dos combustibles fósiles ás enerxías renovábeis, mediante inversións que axuden a un cambio de modelo productivo.
   

2. Para alcanzar estos obxectivos, consideramos que a economía debe ser xestionada democráticamente, do nivel local ao global, arrebatando o control das variables fundamentais da mesma ás institucións financieiras, transnacionais, e os seus lobbies. Para isto pedimos:

    Control e regulación da especulación financieira, mediante a abolición dos paraísos fiscales, un Impuesto as transaccións Financieiras e a democratización radical do Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial, e do Comité de Basilea para a regulación bancaria
     Recuperación do control democrático do ben común, entendendo como tal todos os recursos naturaies e institucións económicas fundamentais para o bon exercicio económico. Isto é: agua, enerxía, aire, telecomunicación e sistema financieiro e monetario. En todos estos casos, a toma de  decisións debe ser controlada pola cidadanía, e velar só polos seus intereses, non polos dunha exigua minoría de capitalistas financieiros.
    Esiximos unha fiscalidad rexional e local que atenda ao principio de solidariedade. Debe ademáis limitarse o ingreso máximo, e regularse o mínimo, en cada país, como medida efectiva para reducir a escandalosa brecha social nas nosas sociedades.
    Non máis cartos para rescatar aos bancos. Esiximos unha auditoría social das deudas contraídas polos países, e non pagar a débeda ilexítima contraída coas institucións financieiras.
     Fin absoluto das políticas de austeridad fiscal, que só benefician a unha minoría e causan gran sufrimento á maioría.
    Fin da personalidade xurídica das corporacións. O dereito dos poderes públicos a lexislar en favor dos dereitos laborais, cidadáns ou medioambientais debe prevalecer sobre a protección  da inversión ou propiedades privadas.

3. Ademáis, consideramos que os sistemas políticos deben ser plenamente democráticos. Reclamamos polo tanto a completa democratización das institucións internacionais, eliminando o poder de veto duns poucos países. internacionales, eliminando el poder de veto de unos pocos países. Por iso, pedimos:

    Unha democracia o máis participativa posible, incluíndo o desenvolvemento de formas de democracia directa non representativa a nivel local.
Os sistemas electorais deben ser o máis xustos e representativos posible, evitando que se rompa o principio de proporcionalidade.
    Pedimos a democratización no acceso e xestión dos medios de comunicación. Estos deben servir á educación da cidadanía, non á creación dun consenso artificial aredor das políticas inxustas.
    Tolerancia cero a  corrupción política e económica. Debemos deter a influencia desmedida dos grandes negocios na política, que é unha das maiores ameazas na actualidade para a democracia.
    Esiximos plena liberdade de expresión, reunión e manifestación, así coma o cese dos intentos por censurar Internet.
    Entendemos que o gasto militar é contraproducente con unha sociedade políticamente avanzada, polo que pedimos a súa reducción ao mínimo imprescindible.
    As minorías étnicas, culturais, sociais e sexuais deben ver plenamente recoñecidos os seus dereitos civiles, políticos e económicos.

Por todo isto, por todo o que esta primavera global representa, nos vemos hoxe 12 de maio. Porque non somos números, somos homes e mulleres libres.

Pola Primavera dos pobos!!

Pola democracia e a xustiza social a nivel global!!

Tomemos as rúas