Dende O Movemento 15M de Lugo todo o nos apoio a "Plataforma contra as Fumigacións", están a facer un gran traballo de difusión deste grave atentado contra a nosa natureza e a nosa saúde, pese a que dende a Xunta queiran censurar , minimizar e incluso lavalas mans ante un feito de tanta gravidade.
Aféctanos a todos moito mais do que nos queren facer crer. #fumigacionsNON ;#queremosAbellas
Fonte: http://fumigacionsnon.org/
Resume do problema
- A patronal española do papel (ASPAPEL) pretende realizar coa colaboración da Xunta de Galicia e outras entidades unha fumigación masiva das plantacións de eucaliptos galegas afectadas por un insecto, o Gonipterus scutellatus.
- A fumigación vaise realizar cun insecticida chamado comercialmente Cascade, cuxo principio activo é unha substancia denominada flufenoxurón.
- Esa sustancia foi catalogada como daniña pola Unión Europea e prohibiu a súa venda a partir do 1 de agosto deste ano (2012).
- Un dos seus peores efectos é que é altamente tóxica para as larvas das abellas, como o propio fabricante recoñece na etiquetaxe do produto.
- Se se fumiga masivamente este produto nos montes galegos, existe un gran perigo de exterminio das poboacións de abellas, xa moi reducidas polo continuo uso de pesticidas, segundo apuntan os estudos científicos.
- Se morren as abellas en Galicia, aparte doutros efectos nocivos no ecosistema, non se polinizarán a maior parte das plantas das que nos alimentamos os humanos e os animais que criamos para nos alimentarmos.
- Sen polinización, non hai reprodución destas plantas, e a nosa agricultura colapsará.
Entre as especies vexetais das que nos alimentamos, as seguintes dependen necesariamente da acción polinizadora das abellas para producir froito e semente (ou vense favorecidas por ela):Árbores froiteiras:
Maceira, pereira, castiñeiro, vide, kiwi, amendoeira, melocotoeiro, cerdeira, ameixeira…
Especies forraxeiras:
Alfalfa, trevo, liño, algodón…
Cultivos de horta:
Tomate, couves, cabazas, cabaciñas, pemento, cenorias, perexil, nabos, brécol, porro, couveflor, berenxenas, melóns, cogombros, amorodos, framboesas, espárragos, silveira (amoras)…
Fontes:- Manual de Polinización Apícola (Universidad autónoma Agraria Antonio Narro, José Luis López Carrillo y Pedro Canos Rio).
- Polinización intensiva de cultivos frutales y de semilla, Orlando Valega.
- FAO: La apicultura y los medios de vida sostenibles
- Fundación Amigos de las Abejas