domingo, 15 de julio de 2012

19J: unidos contra los recortes



A última semana trouxo unha suba do IVE anunciada, malia ter sido negada polas mentiras do Goberno. Tal imposto non é xusto, xa que págase por igual polas rendas máis altas que polas máis baixas. Tamén asistimos con vergoña á supresión das pagas extraordinarias de navidade dos empregados públicos. Esta medida supón a ruptura do contrato que estes traballadores teñen co goberno, o ataque directo ao público e engadir perda de poder adquisitivo á que ano tras ano acumula este colectivo. Tamén se recortan as axudas aos desempregados cando máis as necesitan, e non se incentivan políticas creadoras de emprego. Todas estas medidas levan o selo da intervención á que o Estado Español está sometido. Non son beneficiosas para a sociedade, non van facernos saír da crise e só van a servir para aumentar os beneficios duns poucos mentras as clases traballadoras perden os seus dereitos a pasos axigantados.
Movilizámonos contra estas medidas, pero non só contra elas, senon contra todo un sistema económico no que o capital está por riba das persoas, no que as axudas son para a banca e non para os traballadores, e no que a renda do traballo é a gravada e non se distribúe a riqueza acumulada nin se persigue a evasión fiscal.
Unímonos a convocatoria sindical, desta volta, cun sentir unitario de toda a clase traballadora. Non perdemos o noso espírito crítico cos sindicatos, mais aplaudimos que, desta vez, CCOO, UGT E CIG convoquen de xeito conxunto. O Movemento 15M seguirá a acudir a todas as movilizacións a prol dos intereses da clase traballadora, ainda que manteña a súa independencia política e sindical. Somos traballadores unidos para reconquistar os nosos dereitos e cambiar as bases do sistema capitalista imperante.


XOVES 19 DE XULLO, 20.00H, EDIFICIO DE SINDICATOS
Manifestación conxunta contra os novos ataques ás clases traballadoras. Desta volta, convocan os sindicatos CCOO, UGT, CIG, e súmase a esta unidade sindical o Movemento 15M, escenificando a unidade das clases populares ante os ataques aos traballadores.
Ademáis desta convocatoria, anunciaranse outras mói cedo, xa que debemos loitar na rúa polos nosos dereitos que, día tras día, están máis ameazados.
Únete ás movilizacións.