sábado, 13 de octubre de 2012

13 O - Lugo Pregunta

O Movemento 15M Lugo chama á cidadanía a unha manifestación este sábado ás 18.00 da tarde dende a Praza Maior baixo o lema 'Non debemos, non pagamos'. Ante as continuadas políticas neoliberais que cargan o peso da crise na clase traballadora, é a nosa obriga rebelarnos, esixir a auditoría dunha débeda ilexítima e loitar polos nosos dereitos, que están a ser atacados cada día. Esta mobilización será a nivel global e o seu manifesto atópase no noso blog.
Tamén convocamos aos cidadáns ao acto que se celebrará o domingo ás 18.00 na Praza Maior baixo o nome 'Lugo Pregunta', no que a cidadanía poderá facer as súas preguntas a diferentes membros de organizacións políticas que se prestaron a participar. Contaremos coas presencias confirmadas de Ramón Vázquez, candidato por Lugo de Alternativa Galega de Esquerda, Bernardo Valdés, responsable de iniciativas políticas do BNG, Ivan Marrube, candidato por Lugo de Compromiso por Galicia, Jose María Perez de Sa, candidato por Lugo de Escaños en Blanco, Marcos Celeiro, candidato por Lugo do Partido da Terra e Jose Manuel Palacin Rodriguez,candidato por Lugo de Centro Democrático Liberal. Todos responderán ás mesmas preguntas á cidadanía, co que se estabelecerá un debate directo no que poderemos ver os seus puntos de vista fóra dos tradicionais debates televisados. As preguntas poderanse enviar a través da páxina de Facebook. O acto, se non hai problemas técnicos, será retransmitido a través de internet no noso blog. Ás 17.30 do domingo se publicará o enlace da retransmisión.