martes, 9 de octubre de 2012

Lugo pregunta II

Repetimos esta iniciativa que pretende que a cidadanía se achegue aos políticos e que pregunte de xeito directo e sen intermediarios aos mesmos. O formato será o seguinte: Os asistentes darán resposta por turnos ás preguntas que os cidadáns lles fagan sobre calquera cuestión que consideren oportuna. O tempo máximo de cada resposta será de 60 segundos. O único filtro que se aplicará ás preguntas será o do respeto aos asistentes. A moderación coidará de que os representantes den resposta as preguntas de xeito directo.
A actividade terá lugar o sábado 14 de Outubro ás 18:00h. na Praza Maior.


Presenzas confirmadas para o Lugo Pregunta:
Marcos Celeiro do Partido da Terra
Iván Marrube de Compromiso por Galicia
Jose Manuel Palacin Rodriguez do Centro Democrático Liberal
José María Pérez de Sa, de Escaños en Blanco
Bernardo Valdés do Bloque Nacionalista Galego
Ramón Vázquez de Alternativa Galega de Esquerda


Seguimos pendentes da confirmación de varios dos asistentes, iremos informando.