sábado, 3 de noviembre de 2012

14-N Toma a folga

Dende o 15M-Lugo facemos un chamamento a tódalas asociacións ou colectivos sociais que queiran intervir nun acto público que terá lugar o vindeiro día 14 pola tarde, coincidindo ca xornada de Folga Xeral. 

Trátase dun acto no que terán presencia os diferentes colectivos sociais de Lugo: cada un de eles intervirá durante uns 10 minutos expoñendo a situación propia do sector que engloban e os seus motivos para acudir á folga (se é que a secundan), despois desto abrirase un micro aberto con debate entre os asistentes.

Terá lugar ás 17h na Praza Maior enfrente ó Concello.
Quen esté interesado en participar só ten que poñerse en contacto con nos, para poder organiza-lo acto da mellor maneira posibel por medio deste blog, na páxina de facebook: https://www.facebook.com/acampadalugo ou no correo: acampadalugo.información@gmail.com

Moitas gracias a todos por adiantado.