viernes, 9 de noviembre de 2012

Creación Plataforma Cidadá Aberta

Dende o 15M lugo, facemos un chamamento para formar unha Plataforma Cidadá Aberta que aglutine ás distintas asociacións, colectivos sociáis, sindicatos, partidos políticos e individuos con inquedanzas polo deterioro do estado de dereito co fin de confluir e colaborar entre todas e todos sen ánimo de protagonismo, renunciando ao “EU” pra pensar en “NÓS”, sen excusas, sen fisuras, sendo conscientes de que hai diferencias entre nós pero sabendo que necesitamos arrimalo hombreiro para cambiar a actual situación de explotación e perda de dereitos en busca dunha rentabilidade social, que só pode medrar a partires da unión dos diferentes colectivos e cidadáns, cada un dende a súa problemática pero buscando cousas que beneficien a todo mundo. 

Creemos canles de comunicación para en caso de que un necesite axuda a desinformación non xogue na nosa contra, así poderemos informar a toda a cidadanía das accións dos diferentes colectivos e prestarnos axuda e apoio cando seña preciso ou cada un o considere oportuno. Sen obrigas, con boas intencións, nos obxectivos comúns, por qué non ir xuntos?

 Gustaríanos que todos e todas vos expresásedes con liberdade, qué vos parece? Poderíamos ter unha xuntanza? Estades dacordo? 

As situacións excepcionáis precisan de accións excepcionáis... para que non nos arrepintamos por non telo tentado. 
Contamos con VOS! Queremos contar con VOS!