viernes, 18 de enero de 2013

CONCENTRACIÓN DOMINGO 20 DE XANEIRO

Coincidindo co Congreso Galego do PP, que terá lugar no Pazo de Ferias e Exposicións de Lugo este fin de semana: 19 e 20 de Xaneiro, o Movemento 15M-Lugo recibiu a noticia de que a Plataforma de Afectados polas Preferentes  e a asociación Abre la Muralla esixindo servicios indispensables para o HULA (Hemodinámica, Radioterapia e Mediciña nuclear) levarán a cabo unha concentración na explanada diante do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (lugar de celebración de dito Congreso) o domingo día 20, ás 12:00h


O Movemento 15M de Lugo faise eco da convocatoria, apoia ás diferentes plataformas e chama á cidadanía á unión frente os recortes, por iso os convidamos a todos vos a facervos oir e aproveitar a ocasión para, dun xeito pacífico, facer que se teña en conta o sentir da xente de a pé e que dunha vez por todas gobernen para o pobo e non para os seus bolsillos. Contra a estafa que é a crise, polos nosos dereitos: non debemos non pagamos.

DOMINGO ÁS 12h  no PAZO de FEIRAS e CONGRESOS
de LUGO.

UNIMOS FORZAS PARA O DOMINGO ÁS 12h: 
TODOS XUNTOS CONTRA OS RECORTES, NO CONGRESO DO PP