jueves, 17 de enero de 2013

Concentracións 19 e 20 de Xaneiro



Coincidindo co Congreso Galego do PP, que terá lugar no Pazo de Ferias e Exposicións de Lugo este fin de semana: 19 e 20 de Xaneiro, o Movemento 15M-Lugo recibiu a noticia de que a Plataforma de Afectados polas Preferentes levará a cabo unha concentración diante da pasarela de acceso ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (lugar de celebración de dito Congreso)  o sábado día 19, de 11:00 a 14:00

Mentres que o domingo 20, ás 12:00 no mesmo lugar (esta previsto que se incorpore Feijoo e outros cargos do PP ao Congreso) estarán presentes tamén, compartindo a mobilización con varias entidades sociais de Lugo, exigindo servizos esenciais para o Hospital novo de Lugo como son Hemodinámica, Radioterapia e Mediciña nuclear.

O Movemento 15M de Lugo faise eco da convocatoria, apoia ás diferentes plataformas e chama á cidadanía á unión frente os recortes, por iso os convidamos a todos vos a facervos oir e aproveitar a ocasión para, dun xeito pacífico, facer que se teña en conta o sentir da xente de a pé e que dunha vez por todas gobernen para o pobo e non para os seus bolsillos. Contra a estafa que é a crise, polos nosos dereitos: non debemos non pagamos.

SÁBADO ÁS 11h e DOMINGO ÁS 12h na PASARELA DE ACCESO O PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO.


URXENTE!!!
A Plataforma Preferentes de Lugo, deciden SUSPENDER A CONCENTRACIÓN DE MAÑÁ, SÁBADO DÍA 19, NO PAZO DE FEIRAS DE LUGO.
CONVOCAN CONCENTRACIÓN PARA O DOMINGO, DÍA 20 ÁS 12 DA MAÑÁ NA EXPLANADA DE DIANTE DO PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS, XUNTO CA ASOCIACIÓN “Abre la Muralla”.

ASÍ QUE XA SABEDES: UNIMOS FORZAS PARA O DOMINGO ÁS 12h: TODOS XUNTOS CONTRA OS RECORTES, NO CONGRESO DO PP