sábado, 6 de julio de 2013

Polo dereito á Renda Básica!

  
Para preguntarlle a todos os grupos parlamentares galegos cales son as súas propostas para a defensa do dereito de todas as persoas a poder vivir dignamente, invitámolos a participar nunha charla-coloquio pública o próximo día 8, non obtendo resposta polo de agora do PSOE, e obtendo resposta do BNG, que participará coa súa deputada Carme Adán, de AGE, que participará co seu deputado Juan Fajardo (aclarando que o PP primeiramente comprometéuse a mandar a un/ha parlamentaria e, ao final querian substituila por alguén de fora do grupo parlamentar -o que esta fora dos termos da nosa invitación, igual para todos os grupos-, polo que parece que non virán).
Falarannos da posición dos seus respectivos grupos sobre o proxecto de modificación da RISGA que está agora tramitándose no Parlamento de Galiza e tamén sobre a necesidade de ir máis alá do que a RISGA representa e abordar a reivindicación dunha Renda Básica, coas variantes e pasos intermedios que se estimen precisos, xa que a reivindicación a prol da renda básica é algo que AGE e BNG teñen incluído no seu programa electoral. E a continuación haberá un coloquio entre @s deputad@ e as persoas do público que queiran intervir.

Onte confirmaron a participación do PP neste debate (aínda que non dixeron quen viría), ao PSOE parece ser que non lle interesa moito o asunto, pois polo que sabemos non respostaron... Felicitacións polo traballo aos compañeiros de Renda Básica de Lugo.