domingo, 14 de julio de 2013

Sobre o debate participativo na rúa e as Novas Xeracións do PP




8 días despois de enviarlles a convocatoria a tódalas xuventudes das organizacións políticas de Lugo (o día 10 de Xullo) e coa confirmación de asistencia ao acto de Xuventudes Socialistas, Xuventudes Comunistas e Galiza Nova, Novas Xeracións do PP envíanos un mail expresando a súa “intención de participar”, o seu desexo de “manter una reunión con todas as persoas que van a debatir, para falar de como se vai a desenvolver o debate e as condicións” e ademais que “a data que citades non é compatible coa axenda do presidente, por tanto, habería que acordar outra cita”.

Dende O Movemento 15M-Lugo, contestámoslle que a dinámica do debate xa lla comunicaramos no anterior mail (como ao resto de organizacións), que era a acordada na asemblea do 15M, que non se ía mudar, non era posible una reunión previa de tódolos interviñentes, así como que o resto de organizacións xa nos tiñan confirmado a súa asistencia e polo tanto non podíamos mudar a data. Acabábamos o mail animándoos a acudir ao debate aínda que fora con outra persoa que non fora o presidente de Novas Xeracións do PP.

Hoxe seguimos esperando a súa resposta… Será que quererán comparecer en versión plasma? Terán medo de algo? 

Podedes preguntarlles via mensaxe ou mail: