domingo, 27 de abril de 2014

1 de Maio


Convocamos a creación dun BLOQUE CRÍTICO, que se xuntará ás 11:00h na Praza Maior para logo ir á manifestación que sairá por parte da CIG ás 12:00 e por parte de CCOO e UXT ás 12:30h do edificio de Sindicatos, na Ronda da Muralla.
Todos levaremos algún distintivo amarelo, como mostra de crítica a actitude das cúpulas dos sindicatos maioritarios, xa sexa: unha camiseta, o chaleo do coche, un brazalete amarelo, paraugas... cada un o que queira pero de cor amarela.
Hacias ás 11:30h dirixirémonos ao edificio de sindicatos, avanzaremos adiante e colocándonos nun costado coa pancarta, en bloque crítico, veremos saís aos diferentes sindicatos, para que sepan que o seu deber é velar polos dereitos de todos e todas.

Para poder exigir os nosos dereitos laborais, comezando polo dereito a un traballo digno para todos e todas e para darlle a coñecer ás cúpulas dos sindicatos maioritarios que a súa actitude debe ser outra para salvagardar os dereitos de todos e todas, pois semellan servir máis á súa conveniencia que á dos traballadores e traballadoras, nestes tempos de crise, onde o nivel de desemprego chega aos 6 millóns de persoas e as condicións laborais son cada vez peores, e cada vez nos esixen rebaixar máis os nosos dereitos.

A DIGNIDADE non se negocia. Conciencia crítica.