lunes, 23 de junio de 2014

O 15M-Lugo esixe unha solución coa basura

Dende o 15M-Lugo, queremos reiterar o noso apoio aos traballadores e traballadoras de Urbaser, e instamos á empresa concesionaria (Urbaser) e ao Concello de Lugo (que lle paga este servizo público a unha empresa privada cos cartos de todos e todas) unha solución xa ao conflicto, sen que conleve a perda dos dereitos dos traballadores. Estamos ante un problema de saúde pública que hai que solucionar, ademáis de un problema laboral que tamén esixe unha solución.
Instamos aos medios de comunicación masivos para que informen do que está a acontecer e deixen de criminalizar aos traballadores e traballadoras.
Este conflicto ten varios responsables e non son os traballadores/as.
Facemos un chamamento á opinión pública para que se informe de que está pasando e non se deixe manipular.
Por un Lugo por e para todos e todas, con conciencia crítica, coa clase traballadora e a xente do común.