viernes, 26 de septiembre de 2014

O 1 de outubro ás 9:30 frente aos Xulgados, #NinCasaSenXenteNinXenteSinCasa

Convocatoria STOP DESAFIUZAMENTOS LUGO:

Mercores 1 de Outubre ás 9:30 fronte aos xulgados de lugo 
Seguiremos apoiándonos nas súas leis e aproveitando as brechas para denunciar unha lei tan inxusta como xusta é desobedecela.
O vindeiro mercores 1 de outubro volveremos mostrar toda a intelixencia e a forza da PAH, queremos entregar de forma masiva un documento nos xulgados de Lugo. Esta accion xa foi levada a cabo o 23S en numerosos pobos e cidades de todo o estado.

Obxectivo da acción: Presentación ao Decano de LUGO do escrito para pedir que se declare ilegal a lei hipotecaria española e se paralicen todos os desafiuzamentos das hipotecas que foron constituídas baixo esta lei.

Como participar? Fácil, hai dous escritos para entregar nos xulgados, un individual e outro colectivo. O colectivo é por se se dese o caso de non poder presentalo individualmente.
Adxunto o documento a encher para entregar, unha persoa pode entregar o escrito de familiares ou amizades que non poidan vir. Enlace al escrito: 
http://bit.ly/1oV5upA

O luns 29 as 19 h estaremos na Cova da Terra para imprimir os escritos. se alguén non pode ir o mércores aos xulgados, pero quere que o entreguemos no seu nome pode pasar por alí, estaremos ata as 20:30.

O Movemento 15M de Lugo, apoia a acción da plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo, e anima a toda a cidadnía a se mobilizar ante unha lei inxusta. Non podemos seguir permitindo o expolio dos máis pobres en favor dos máis ricos.

Nin casas sen xente, nin xente sen casas!