lunes, 30 de mayo de 2011

Acta Asamblea 21-05-2011 - Idioma galego

Acampada Lugo
Primeira Asemblea SÁBADO 21-5-2011

Acta



Quedan decididos na Asemblea os seguintes puntos, algúns deles xa decididos previamente y outros
tratados nesta Asemblea:

-Convocatoria diaria indefinida de concentracións (20.00h., Praza Maior)
-Convocatoria diaria indefinida de Asembleas (21.00h., Praza Maior)
-Constitución de Comisións:
Comisión de Información (mesa, difusión, educación). Pepe e Jose.
Comisión de Recursos Humanos (horarios, turnos, etc). Saleta, Iris e María José.
Comisión de Logística (que temos, qué precisamos). Victoria, Bea, Héctor (botiquín).
Comisión de Comunicación (coa prensa, entre grupos de acampados, Facebook...). Josito,
Marcos (colaborador).
Comisión de Actividades (cómo facelas, propostas, participación): Randy, Adrián.
Tesoreiro: Josito
Secretarias: Sandra y Ruth.
-Creación de turnos para manter a presencia de xente na acampada o maior tempo posible:
23.00 - 07.00
07.00 - 11.00
11.00 - 15.00
15.00 - 19.00
-Prohibición na acampada de:
-Consumo de alcohol e drogas
-Comportamientos violentos de calquera tipo
-Recepción de donativos económicos
No caso de recibir cartos destinados a cubriren os gastos que se xeren durante a movilización, so se poderá entregar ao tesoreiro exclusivamente durante unha Asemblea, na que se anotará a cantidade e o donante con nomes y apelidos y se levará un control dos ingresos e gastos si houbera.
-Fomento da relación con outras acampadas, comezando polas máis cercanas (Viveiro y Monforte), e intensificar a coordinación con tódalas demáis para realizar actos concretos colectivamente.
-Creación dun grupo de Facebook no que se informará das decisións, ideas e propostas da Asemblea e que servirá como canle de comunicación coa mesma. Tamén se fomentará o envio de información a través de outros grupos de Facebook relacionados e do correo electrónico.

Durante a Asemblea chamouse á participación de calquera persoa da forma que cada un poida, á marxe de turnos ou responsabilidades máis completas. Queda pendente a redacción dunhas normas básicas que recollan as xa descritas e outras como a necesidade de manter o entorno limpo para a súa exposición no campamento.
Tamén se deberá colocar un taboleiro onde expoñer as nosas necesidades materiaies para permitir a colaboración de todos os ciudadanos. Nas seguintes Asembleas deberase, ademáis de recopilar o decidido en anteriores se fose necesario, facer un balance da xornada mediante os representantes de cada comisión e tratar a estratexia que se seguirá durante o seguinte día, ademáis das cuestións particulares que cada asistente considere.

Lugo, 21-05-2011