lunes, 30 de mayo de 2011

Acta Asamblea 23-05-2011 - Idioma galego

Acampada Lugo
Terceira Asemblea LUNS 23-05-2011
Acta


1. Realizouse a lectura da acta do día 22.


2. Recordáronse incidentes e problemáticas surxidas nese día, abogando por un consenso de ideoloxías e incidindo na idea de aprender a facer política.

Confirmáronse reglas de respecto común e igualdade: respecto de turnos de palabra, non interrupciones.Deberase intervenir no tono correcto, sempre con educación e sen alzar a voz.

3. Intervención das comisións:

3.1. Recursos Humanos

- Creación do correo electrónico acampadalugo.horarios@gmail.com para que todos poidan establecer contacto directo coa comisión que se ocupa da distribución de tendas para a acampada, turnos de día, etc.

- Recordáronse os horarios. Estos horarios realizáronse para cubrir uns mínimos, polo tanto, toda persoa que no esté apuntada y queira unirse pode facelo.

3.2. Comunicación

- Os integrantes desta comisión pediron axuda aos asistentes á Asemblea xa que son pouca xente e necesitan colaboradores/as.

- Comentouse por enriba o funcionamento, as conexións e comunicacións que se fixeron con outros campamentos de Galicia e de España. Estos campamentos están a tratar de se organizaren en grupos de traballo co gallo de de optimizar o traballo. Agárdase información relativa ao funcionamiento doutros campamentos.

- Informouse sobre a asistencia de varios compañeiros a Punto Radio para de informar sobre a situación do campamento. Recordouse que as intervencións, ainda que representen ao grupo, son opinións persoais, e se farán a título personal. As conexións cos Medios faranse en directo e nas intervencións evitarase opinar sobre partidos políticos concretos.

- Cadena Ser, malia ter quedado con un compañeiro que os agardou, non acudiu á cita.

3.3. Información

- Proponse a promoción da información contida no manifesto de Democracia Real Xa. En relación con isto plantéase a seguinte proposta: debate (diario, semanal, mensual, sen decidir) sobre un punto concreto do manifesto. Proponse para o día 24: A vontade e a fin (final) do sistema é a acumulación de diñeiro, primándoa por enriba da eficacia e o benestar da sociedade, esgotando os recursos, destruindo a planeta, xerando desemprego e consumidores/as infelices.

-En relación cos puntos do manifesto, comentouse que estos son unhas bases susceptibles de ampliación tendo en conta que é un movemento autónomo localizado en Lugo, un entorno concreto coas súas necesidades propias e distintas as do resto dos sitios.

- Planteamento de expansión do movimiento cara entornos diferentes á Praza.

- Petición de impresión ee fotocopias de documentos en papel reciclado o reutilizado.

- Propuestas:

- Taller de creación de disfraces de escravo para vestir no Arde Lucus (terceira semana de xuño).

- Transmisión de información a postos de traballo mediante chapas, bandas, camisolas, etc.

- Cambio de horario de concentracións diarias das 20:00 horas que teñen lugar na Praza Maior para os fines de semana. Este tema está por aclarar.

3.4. Actividades

- Infórmase de que o sábado terá lugar un partido de fútbol importante para que se teña en conta o evento á hora de plantexar actividades e concentracións para ese día.

3.5. Loxística
-Informouse da organización do material da acampada en caixas.

-Pediuse a colaboración de todo o mundo para manter orde e limpeza na zona de acampada, respectando os xardines e tratando de que tanto animales coma persoas non os destrocen.

-Infórmase da colocación de cinceiros.

- Peticións:
W.C.
Electricidad (denegada).

4. Propostas en relación con:

4.1. Sistema de debate. Dúas propostas

a) Debate en pequenos grupos (6-7 personas) do mesmo tema para posta en común mediante portavoces ante la totalidad del grupo.

b) Cada comisión reflexiona ideas y despois as expón ante a totalidad do grupo.

Decisión de probar o tipo de debate a) Sistema de reunión por grupos como complemento da Asemblea xeral o día 24.

4.2. Poder das comisións

- Abógase porque as comisións non se solapen unhas ás outras, tendo en conta que en moitas ocasións o traballo colaborativo entre elas será inevitable e enriquecedor.

- Na medida do posible pídese que as decisións das comisións se consulten nas Asembleas. Confíase no bo criterio dos/das integrantes das comisións na toma de decisións. Os integrandes de cada unha delas terán ao grupo informado e, no relativo a toma de decisións importantes, non se farán accións precipitadas e persoais.

4.3. Creación de comisións

- A aprobación ou rechazo de novas comisións levarase a cabo na Asemblea xeral.

4.4. Comisión de Acción.

- Proposta e creación dunha comisión de acción que pretende dar unha saída máis directa a problemas concretos.

- Proponse tres tipos de actuación
a) Localizar protestas concretas en sitios estratéxicos
b) trasladar reunión das 20:00 a sitios estratéxicos.
c) Aunar os dous tipos anteriores, establecendo un punto de saída na Praza Maior para que los/las asistentes se movilicen en grupo cara outros lugares.

- Fálase da importancia de tramitación de todo tipo de permisos e documentación burocrática.

4.5. Proponse a creación dun Comité de Lexislación. Proposta pendente de decisión.

4.6. Proponse a creación dun Comité que trate problemática relativa á muller. Proponse a preparación de material sobre o tema para posta en común e decisión final para días sucesivos.

5. Debate

6. Decisión de lectura da acta nos actos de las 20:00.