lunes, 30 de mayo de 2011

Acta Asamblea 24-05-2011 - Idioma galego

Acampada Lugo
Cuarta Asemblea MARTES 24-05-2011
Acta


1. Realizouse a lectura da acta do día 23.05.2011.


2. Intervención das comisións

2.1. Comisión de recursos humanos

-Pídense voluntarios para aumentar a comisión.
-Para saber a disponibilidade se pide que se manden as ofertas de tempo a acampada.horarios@gmail.com, sobre todo a disponibilidade de día para cubrir as carencias que se dan sobre todo no primeiro tramo horario.

2.2 Comisión de comunicación
-Preséntase un problema, unha señora ofreceu á comisión de información facer ela mesma un perfil de Facebook para mellorar a distribuición da información. Aceptouse porque toda axuda é poca pero nel a señora fixo varias alusións a partidos políticos. A comisión de información ponse en contacto con ela e se lle pide que non o faga xa que o movemiento é político pero non de voto. O segue a facer e se lle insiste en que acuda as Asembleas e se informe. Nunca acude e cambia o nome do grupo de Facebook (Democracia Real Ya) por Libertad Indignada y Constructiva. Nel táchase a un dos integrantes do grupo de querer facer seu o movemento, por ser el quen lle comunica que non nombre partidos políticos. Ponse en coñecemento de todos. Recálcase que o grupo de Facebook oficial do movemento en Lugo é Estados del Malestar Lugo e a canle de comunicación da Asamblea, Asamblea Lugo.

-Falouse con uno dos responsables en Santiago e se advirte que hai persoas que se fan pasar por mandatarios doutros campamentos con información falsa para de disgregar os grupos. Terase especial coidado nestes temas. Esta comisión expón que mandará un correo electrónico a todos os integrantes dos medios e personas doutros campamentos coas que se fale, para que todo el mundo quede informado.

2.3.Comisión de información

Atendeuse ao Progreso esta mañá, preguntouse se había algú parado e Pepe, encargado desta comisión, explicou a súa situación personal.
Proponse que para o Arde Lucus, a nivel de concienciación, nos disfracemos de escravos. Preguntouse o prezo do saco e cordel e non supera os 70 céntimos.
Poderíase facer un taller para elaborar os materiais.
Irene y Ruth ofrécense a subtitular o vídeo colgado en Malestar a linguaxe de signos..

2.3.Comisión de actividades
-Necesítase xente.
-Para as sentadas surxen ideas das cales apróbanse: explicación do sistema D´Hond no que se basean as nosas eleccións, na Praza, pataleta colectiva e unhas falsas elecciónes nas que habería tres papeletas: voto nulo, en blanco e a un partido, e ver o resultado das mesmas en directo para aprender as consecuencias de cada voto.
A comisión de actividades decidirá qué día facelas.
-Trátanse propostas para tomar decisións en próximas Asembleas:
-Pasear arredor da muralla con carteis reivindicativos

-Incursións nos barrios, onde se pretendería canalizar os problemas de estos, ben por vía de asociacións de veciños, ou no caso de que estén politizadas, cos veciños directamente. Recolleríanse propostas e someteríase a votación a máis interesante e intentaríase levar a cabo..
Así concentrámonos en obxectivos inmediatos y demostramos ás institucións que non pedimos o voto a ninguén senon que actuamos como vía de información entre os cidadáns e a administración.

Todo isto deberase comunicar na sentada das oito para aumentar as ideas e a participación.

2.4.Comisión de acción
-Proposta de meternos nun banco e colapasalo pacificamente. O método sería que 15 personas máis ou menos por un minuto fixeran preguntas ao operario de ventanilla, só un minuto para que a xente que acuda ao banco para as súas financias no se vexa afectada. Se preguntaría dende planes de pensións hata apertura de contas. Despois do minuto, aproximadamente, se volvería ao final da cola e ista sería a forma de colapso.
Sométese a votación se se lle da forma á idea (non se se fai) e se acepta con 25 votos positivos, 5 negativos e 5 abstencións.

-Tamén se falou doutra forma de colapsar bancos de forma máis discreta, a retirada de 150 euros un día determinado do mes, para isto se pondrían en contacto cos grupos de Santiago e as máximas organizacións de Democracia Real Ya posibles. Non hai voces en contra.

2.5.Comisión de infraestructuras
Donouse un toldo grande e dúas mesas de oficina. Alguén anónimo prometeu lona grande e camping gas.
Manuel únese a esta comisión por falta de reforzos e iniciativa propia.
Pedíuse no concello autorización de baños e colector do lixo. Pepe puxo o DNI (**ver importante último punto da acta).

IMPORTANTE:
**Deberase decidir en próxima Asemblea que facer para que non so dúas ou tres persoas sexas as que poñan a súa identidade para permisos.
Tamén se propón para próximas Asemblea establecer un protocolo de desaloxo para que todos saibamos que facer en todo momento se isto pasara, xa que sería incompatible que algúns permaneceran e outros non e non se saiba que facer de xeito conxunto.