lunes, 30 de mayo de 2011

Acta Asamblea 25-5-2011 - Idioma galego

Asemblea Lugo
Quinta Asemblea MÉRCORES 25-5-2011
Acta

1. Infórmase de que a acta do día anterior (24.05.2011) foi aprobada na concentración asamblearia do día 25.05.2011 ás 20:00 na Praza Maior de Lugo.

Realizouse unha segunda lectura da acta do día 24.05.2011.

2. Comisións.

Loxística

- Dende agora realizarase un resume de adquisicións e necesidades do campamento ao final da semana.

- Diariamente lévase ao cabo a organización do material. Pídese que se mantenga a orde.

Recursos humanos

- Decídese que o turno de noite termine entre as 09:00-10:00 a.m.

- Decídese que dúas personas (organizadas entre elas) fagan garda os venres, sábados e domingos no campamento pola noite para evitar posibles altercados.

-Proponse que os turnos de garda, en lugar de se limitaren ao fin de semana, sexan diarios. POR DECIDIR.

Actividades

- Decídese que o día 26.05.2011 se leve ao cabo, na concentración das 20:00 horas, unha charla informativa co título: ¿Cómo se transforma la deuda pública en deuda privada?

Acción

- O día 26.05.2011 ofrecerase información concreta acerca dunha posible actuación que ten que ver con informar a cidadanía sobre o funcionamento dos bancos. Esta acción estaría situada na porta dunha entidade bancaria concreta en horario de oficina.

Comunicación

- Integrantes acudiron a TV Lugo para informar en falso directo (grabación 17:00 horas- difusión 22:00 horas).

- Infórmase de que La Voz de Galicia acudiu ao campamento para coñecer o su funcionamento.

- Problema: Falta de difusión do movimiento, por tanto, necesaria proxección cara: MASS MEDIA, asociacións xuveniles, culturaies e de vecinos, etc.

- Número de firmas recollidas polo momento: Algo máis de 1.000 (pendente de reconto).

- Se recorda que o consumo de drogas y alcohol non está permitido no campamento. Esta medida se tomou por dous motivos: en primeiro lugar para manter unha boa imaxe do movemento e en segundo lugar como medio de protección do grupo. Prégase respecto a esta decisión.

Debate sobre Definición e concreción de puntos do movemento lugués. CONCLUSIÓN

En Lugo dende febreiro se levan ao cabo actos de protesta dende Estado de Malestar. Este organismo foi o que convocou a protesta na Praza Maior, o día 15.05.2011 cando en Madrid comenzaron as protestas propostas por Democracia Real Ya. Nun principio tratábase de movementos diferentes, non obstnte o movemento local viuse absorbido polo estatal, cambiando de nome e adoptando o nome Democracia Real Xa. Así mesmo se aceptaron as propostas recollidas no manifesto de Democracia Real Xa posto que as proposicións clave de ámbolos dous grupos eran, en esencia, as mesmas.

Actualmente, o movemento lugués acepta o manifesto de Democracia Real Xa pero non dun modo ríxido; é dicir, ao tratarse dun acto de protesta local rexido por unha Asemblea soberana e popular, acéptase que as bases do manifesto son susceptibles de cambio. A esta decisión chegouse por consenso entres os participantes da Asemblea.

Decisión

Asemblea formal: Celebraranse dúas á semana. Por votación decidiuse que serán os xoves e domingos ás 20:00 horas.

Lugo, 26.05.2011