viernes, 3 de junio de 2011

Acta Asemblea 29-5-2011 - Idioma galego


Asemblea Lugo
Sexta Asemblea - DOMINGO 29-5-2011
Acta



Lectura do esquema que reflicte a orde que terá a asemblea. Lectura orde do día:
-Lectura acta
-Puntos tratados e aprobados na Asemblea. Normas de convivencia.
-Intervención de comisións.
-Puntos de debate. tratadas e creación de comisións.
-Novas propostas. Rogos e preguntas.
1. Lectura da acta do día 24.05.2011
2. Apróbanse normas de convivencia.
3. Comisións
3.1. Loxística: Resumo da semana.
3.2. Recursos humanos.
3.3. Actividades:
-As actividades que se levan ao cabo teñen ante todo carácter informativo.
-Farase un resumo das actividades que tiveron lugar os días 26.05.2011, 27.05.2011 y 28.05.2011.
-Martes día 31.05.2011. Levarase ao cabo unha actividade musical.
-Proponse que, co gallo do Arde Lucus, se realice un taller de creación de disfraces de escravo/a.
-Proponse que o día 15 de xuño se realice unha actividade arredor da muralla na que os participantes ofrezan un problema que afecta á sociedade e unha posible solución ao mesmo.
3.4. Acción
-Apróbase realizar unha acción informativa en bancos. Esta actividade terá lugar o xoves día 2 de xuño a partires das 11:00 horas. Os interesados en colaborar deben poñerse en contacto cos membros da comisión.
Se lembra que para levar ao cabo esta acción se deberá consultar a especialistas en lexislación para coñecer os pasos que se deben seguir na realización da protesta así como as posibles repercusións legais/penais.
3.5. Comunicación
-Canalizaranse todos os elementos que se encontran actualmente dispersos pola rede nun blogue. Na acampada tamén se deixará esta información.
-Apróbase a gravación do manifesto o día 02.06.2011 a partires das 17:00 horas na Praza Maior. Neste vídeo participarían algúns dos compañeiros e compañeiras, así como o/a intérprete de LSE.
3.6. Información
- Número de firmas: 1.401.
- Problema: Necesidade de boa estruturación e relación entre as diferentes comisións.
- Problema: Acusacións a compañeiros/as (manipulación). Recórdase que os problemas persoais no deben ser tratados na Asemblea.
- Problema: Reparto de panfletos anónimos en concentración. Deféndese o dereito de repartir calquera tipo de información, mais sinálase que é conveniente o documento estar asinado para evitar confusións.
4. Puntos de debate. Propostas xa tratadas e creación de comisións
4.1. Apróbase por votación que se manteña o campamento de
modo indefinido. Resultados votación
A favor En contra Abstencións
25 5 20
O día 21.05.2011 algúns compañeiros e compañeiras informarán ás autoridades pertinentes da decisión de non levantar o campamento.
En relación con este tema proponse a permanencia do campamento ata que teñamos ben delimitados obxectivos de actuación concretos.
4.2. Protocolo de desaloxo
- Un compañeiro ofrécese a redactar un protocolo de desaloxo que se colgará en internet e no campamento. Sobre isto recórdase a conveniencia de recibir asesoramento legal. Proponse que no caso de desaloxo se leve ao cabo unha cadea telefónica coa mensaxe DESALOXO LUGO, co fin de avisar ao maior número de xente posible.
4.3. Creación dunha Comisión de Mediación
- Apróbase a creación dunha Comisión de Mediación con función basicamente organizativa, co fin de mediar para tratar de solucionar problemas que poidan xurdir na Asemblea ou no campamento. Terá tamén a labor de colaborar coas comisións para axilizar o proceso de relación entre elas.
4.4. Creación dunha Comisión de Voluntariado
- Creación da Comisión de Voluntariado. PENDENTE DE DECISIÓN.
4.5. Labores de difusión polos barrios
- Coméntase que se levaron ao cabo accións informativas polos barrios. Estes actos informativos seguiranse levando ao cabo, polo tanto os que queiran participar neles poden facelo.
5. Novas propostas. Rogos e preguntas.
-Punto a tratarmos prioritariamente na Asemblea do día 02.06.2011. Tesourería.
- Apróbanse normas de convivencia.
- Proposta relacionada co comité de acción. Trátase de levar ao cabo unha petición de lei local con propostas como poden ser, por exemplo, a redución do salario dos políticos/as (que non poidan cobrar máis de tres veces o mínimo). Esta proposta precisa, en primeiro lugar, procurar información, polo tanto os interesados en conseguir datos concretos sobre o tema ou teña propostas, debe redactalas e expoñelas en sucesivas Asembleas.
- Infórmase que ao longo dos próximos días se achegará ao campamento unha reporteira dun medio de comunicación local e alternativo (Radio Clavi).
Información adicional
Antes do punto 4, unha compañeira informou aos/ás asistentes que o primeiro venres de cada mes, ás 21:00 horas, se leva ao cabo unha concentración silenciosa fronte do Concello de Lugo como acto de protesta polo estado de la Lei de Estranxeiría.