sábado, 4 de junio de 2011

Acta Asemblea 2-6-2011 Idioma Galego

Asemblea Lugo
Xoves 02-06-2011
Acta


1. Lectura da orde do día:
-Normas de funcionamento da Asemblea
-Explicación sobre o funcionamento da Asemblea
-Lectura e aprobación da acta anterior (29-05-2011)
-Lectura dos acordos acadados nas Asembleas anteriores
-Intervención das comisións
-Debate
-Propostas e suxestións
2. Lectura das normas de funcionamento da Asemblea
3. Explicación do funcionamento da Asemblea. Proposta de moderación das intervencións por parte da Asemblea por medio da comunicación xestual (bloquear, cambiar, aplaudir). Aprobada por consenso.
4. Lectura da acta anterior (29-05-2011). Aprobada por consenso.
5. Lectura de acordos alcanzados nas Asembleas anteriores.
6. Intervención das Comisións:
6.1 Actividades:
Actividades realizadas:
Luns e mércores: debates (libro 'La Casta', Banca)
Martes: Xornada musical
Actividades propostas:
Venres: Actividade informativa (en colaboración coa asociación 'Adesalambrar') sobre inmigración.
Sábado : Proxección de documentais informativos.
Actividade de pintura mural (colaboración con Sol)
Charla ás 19.00 de Manolo Sáez sobre a obra 'La Quiebra del Capitalismo Global: 2000-2030
Proposta: O día 15-06-2011 proponse formar unha cadea humana arredor da muralla, colocación de velas e exposición de problemas e solucións. Aprobado por consenso.
Proposta: O día 19-06-2011 sumarémonos ás manifestacións convocadas a nivel de todo o Estado, encadrándoa no Arde Lucus, disfrazándonos de escravos. Aprobado por consenso.
A comisión traballará na creación de talleres de traxes para esta acción e tamén para manter as actividades diarias ás seis.
6.2 Información:
Estanse a organizar en grupos de traballo a marcha de escravos, carteis e participación durante o Arde Lucus.
Expansión en festas de barrios: Castiñeiro (próxima fin de semana). Coordinaranse as accións que se levarán ao cabo durante estas festas para expor na próxima Asemblea.
Elaboración en grupos de traballo de pancartas informativas con puntos mínimos acordados.
6.3 Recursos Humanos:
Recórdase que existe unha cadea de teléfonos para convocar xente en caso de desaloxo.
Apróbase por consenso a inclusión dun grupo de traballo de voluntariado que aporte tarefas aos voluntarios que poidan traballar connosco durante algunhas horas concretas do seu tempo.
Pídese colaboración para poder facer actividades de todo tipo.
6.4 Mediación:
Convócanse reunións de comisións para os luns e venres ás 21h (tras as concentracións)
Recórdase que dende esta comisión pódense tratar de solucionar problemas entre comisións e remitir información a quen corresponder.
6.5 Acción:
Levouse ao cabo a acción informativa en bancos cun grande éxito de participación.
Traballarase nunha parodia política que se exporá na próxima Asemblea.
Traballarase para levar as accións realizadas aos barrios.
6.6 Loxística:
Debido ás súas múltiples funcións, amplíase a equipa de xente traballando na comisión.
Infórmase que onte pasaron a noite no campamento 17 persoas. Un membro da comisión encárgase do control de tendas.
Comunícase que xa temos electricidade grazas a un xerador.
Precísase gasolina para o xerador, fotocopias, un baño nocturno, garrafas e caixas de froitas.
Comunícase que ante as carencias da reciclaxe municipal dentro de murallas, elaboraranse tres vistosos contedores de lixo para denunciar este feito. Co mesmo carácter reivindicativo e debido á negativa do Concello de facilitarnos sanitarios proponse construír un de cartón.
Pídese respecto á organización no palco da música. Así mesmo, solicítase controlarmos o ruído pola noite para permitir o descanso das compañeiras/os.
6.7 Comunicación:
Infórmase da creación dun blogue conectado con Facebook y Twitter, que incluirá un calendario de actos, información, actas, ligazóns de interese, conexión coas Asembleas de Sol...e polo tanto non aceptará comentarios. Ademais, creáronse correos para cada comisión.
Comunícase que un compañeiro interveu en directo nun programa de radio para informar sobre o movemento debido a que no mesmo estábase a faltar a verdade.
Así mesmo, tres compañeiros participaron nun programa de Telelugo en calidade de mozos con formación universitaria en paro.
Exponse a información recibida sobre a organización dunha acampada de acampadas en Vilagarcía o vindeiro sábado (04-06-2011) na que se intentará compartir experiencias e reforzar as canles de comunicación entre acampadas. En ningún momento se tomarán acordos vinculantes para esta Asemblea. Debido ás necesidades organizativas do evento, asistirán cinco compañeiro e aínda que poderían ir máis, no caso de votación a cada delegación lle corresponderían cinco votos.
Infórmase da creación de N-1 por parte de informáticos vinculados ás acampadas en Cataluña. Esta é unha rede social na que centralizar a información, construír a modo de wiki, subir arquivos relacionados... Un técnico está a estudar a viabilidade de incorporarmos, xa que requiriría un traballo importante para analizar a información.
O protocolo de desaloxo está elaborado e haberá copias dixitais e no campamento.
6.8 Tesourería
Suxiren que para os as compañeiras/os pagaren a gasolina da viaxe a Vilagarcía se empreguen os cartos do Fondo de Resistencia. Aprobado por consenso.
Recórdase que na primeira Asemblea decidírase que os donativos económicos se farían só en Asemblea e con nome e DNI. Agora proponse facer as doazóns do mesmo xeito mais anónimas. Aprobado por consenso.
Establécese que ditas doazóns faranse só nas Asembleas ao tesoureiro, que exporá ingresos e os gastos ante as comisións e ante a Asemblea.
Apróbase por consenso que o cargo de tesoureiro é rotativo.
7. Propostas e suxestións
Debátese e se deberá tratar na próxima Asemblea, se desmontamos o campamento ou trasladámonos polo Arde Lucus, e se comenta a importancia de deixar un punto estábel de información.
Tamén se propón, no caso de levantarmos o campamento para non interferir no Arde Lucus, facer público un comunicado de boa vontade expoñendo os motivos.
Sobre a continuación da acampada, xorden voces a favor de ir deixando o campamento e basear a nosa estratexia noutras accións. Outras inciden na necesidade de continuarmos acampados polo momento. Este asunto deberase tratar na próxima Asemblea.
Proponse a procura dun local para o traballo das comisións, aínda que sexa a longo prazo e sen perder o carácter de rúa deste movemento.
Outras voces inciden na necesidade de manter o existente pero estendéndonos por outros barrios. Recórdase que xa se deron algúns pasos nesta liña e que os compañeiros de Información xa están en contacto para ter presenza nas festas do Castiñeiro.
Deberase tratar na vindeira Asemblea que decisión tomamos sobre o campamento durante o Arde Lucus e que actividades se poderán facer durante estas festas. Prégase á Actividades que elabore un pouco máis este punto para facilitarmos o debate.