domingo, 12 de junio de 2011

Acta Asemblea 9-6-2011 Idioma Galego

Asemblea Lugo
Xoves 9 de xuño 2011
Acta



1.-Lectura de acta. Apróbase.
2.- Lectura de acordos acadados noutras Asembleas
3.- Información aos asistentes da Asemblea dos feitos acaecidos en Valencia e en Santiago de Compostela no presente día (represión policial). En relación con este tema leváronse a cabo dúas intervencións. Primeira, lectura dun comunicado de repulsa destes feitos, e segunda, un compañeiro deu información de primeira man sobre os acontecementos. Perante esta situación, lévanse primeiro a debate varias propostas de acción reivindicativa. Porén, non se chega a acordo sobre cal levar a cabo. Reformúlase a proposta e por consenso decídese irmos protestar diante da Subdelegación e da Policía Nacional ao final da Asemblea.
4.- Comisións:
4.1.- Acción. Debate-bus.
4.2.- Información. Compañeiros acudirán a festa do Castiñeiro e Albeiros cunha mesa informativa. Domingo as 12 “Corre con Nós”.
4.3.- Mediación. Reestruturación:
Xoves, Asemblea organizativa.
Venres e sábado: Concentracións nas que se farían actividades relacionadas co tema de debate para o domingo.
Domingo: Asemblea organizativa e de debate ideolóxico. A temática do debate decídese cunha semana de antelación.
Infórmase de que se vai levar a cabo una gravación de 8 minutos na escola de Imaxe e Son.
4.4.- Actividades.
Venres 10 ás 18:00: Obradoiro de camisetas.
Mércores 15 ás 21:00: Marcha pola humanidade. Protesta silenciosa na Muralla con velas
Domingo 19 ás 19:00: Marcha Escrava no Arde Lucus. Infórmase do percorrido da Marcha e de que o Concello ten coñecemento de dita actividade.
4.5.- Comunicación. Intervención dun compañeiro na emisora “Quack FM” hoxe a partires da 23:40.
Participación en recollida de sinaturas dirixidas ao Defensor do Pobo. Lévase a consenso enviar o comunicado que para ese fin redactou a Asemblea de Vilagarcía De Arousa. Decídese que o contido do comunicado redactarase de novo para facer una propia da Asemblea de Lugo.
Día 11 ás 11:00 diante da Casa do Concello: Protesta na toma de posesión da nova Corporación Municipal.
4.6.- Loxística: Desaparición do teléfono de emerxencia
Necesidade de conseguir un local grande adaptado aos requirimentos deste movemento
4.7.- Recursos Humanos: Problema con que algúns compañeiros e compañeiras non cumpren cos horarios aos que se comprometen.
4.8.- Tesourería: Doazón 95 Euros (15.807 Ptas). Saldo actual: 157,80 Euros (26.256 Pesetas)
5.- Debate: Chégase ao acordo de que ao rematar a Asemblea vaise facer una pegada de carteis enfronte da Subdelegación do Goberno e logo vaise ir ata a Comisaría da Policía Nacional ficando 10 minutos coas mans en alto e en silencio.
6.- Suxestións e preguntas:
Infórmase de que o Venres 10 de Xuño ás 21:00 horas haberá una protesta levada a cabo pola comunidade educativa do Instituto Politécnico de Lugo.
Punto a tratar na próxima Asemblea: Revisar o acordo sobre o mantemento ou non do campamento.
Reconto de sinaturas: 2.021.
7.-Recordatorio de Convocatorias. Sábado 11. Obradoiro de teatro.