jueves, 17 de julio de 2014

38 DÍAS DE FOLGA DO LIXO EN LUGO

OS TRABALLADORES DE URBASER FANNOS CHEGAR Ó SEGUINTE COMUNICADO (Hoxe día 17 de Xullo), pregamos difusión:
O comité de folga cansado de escoitar e ler nos medios públicos que Urbaser está a ter contactos e que a súa vontade é darlle unha saída ao conflicto. Decir que é totalmente falso que estén a ter contacto con nos, e que de cara a galería queren mostrar esa vontade de darlle saída ao conflicto.
Ante tales publicacións, poñemos no voso coñecemento que acabamos de solicitar ao Consello de Relacións Laborais que inste ás dúas partes a unha reunión e ao concellal Luis Alvarez como observador da mesma. Aclarar que a día de hoxe non temos data de reunión.


Dende o 15M-Lugo seguimos expresando o noso máximo apoio aos compañeiros en Folga, esiximos unha solución xa ao conflicto por parte da empresa Urbaser e do Concello de Lugo, sen prexuizo para os traballadores nin para os cidadáns lucenses. Xa está ben de que empresas privadas se rían de nos e utilicen os cartos públicos no seu beneficio e en prexuizo dos traballadores có visto bó do Concello.